"Carvalho Calero é un referente central na historiografía literaria galega, amais de crítico e creador, especialmente no ámbito da poesía. Pero sobre todo en Carvalho Calero destaca a figura do profesor cunha autoridade moral insubornable que deixou unha pegada inesquecible", salienta a profesora de Lingua e Literatura Galega da Facultat de Filologia i Comunicació da universidade catalá María Xesús Lama, autora dos textos da mostra.
A pandemia de coronavirus impediu inaugurar a exposición Ricardo Carvalho Calero e a historiografía literaria en Galicia nas datas inicialmente previstas, pero foi reconvertida nunha mostra dixital que pode verse na web do Centre de Recursos per l'Aprenentatge i la Investigació (CRA) da Biblioteca de Lletres en galego e catalán.