O libro foi escrito pola profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro, quen coordinou tamén a mostra. O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, participou na presentación do volume canda o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; a autora; familiares de Carballo Calero; e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García.
A mostra bibliográfica amosa por orde cronolóxica medio cento de libros e mais documentos persoais de Carballo Calero como o carné de socio do Seminario de Estudos Galegos e dúas cartas de Otero Pedrayo.