Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Goterre
masculino
Nome cristián
Variantes
Masculinas Guterre
Etimoloxía e historia
Nome moi frecuente na Península Ibérica na Idade Media, sen correspondentes fóra dela, polo que se pensa nunha orixe hispánica prerromana, quizais de orixe vasca, en relación con guti, gutxi ‘pequeno’, presente en antropónimos navarros.
Motivación
En Galicia, o conde don Goterre Méndez (séculos IX-X) foi esposo de santa Ilduara (ou Aldara) de Celanova e pai de san Rosendo.
San Gautier (século XI) foi un monxe bieito francés fundador da abadía de Saint-Martin de Pontoise.
Chamáronse así
Goterre deu lugar ao apelido Gotérrez, que levou unha importante familia nobre galega dos séculos IX e XX, á que pertencía, entre outros, san Rosendo. Un dos membros desta familia foi Hermexildo Gotérrez (850-912), fillo de Goterre Alóitez e da súa muller Elvira, cabeza visible da nobreza galega da súa época, que pertenceu á curia rexia do rei ástur-galaico Afonso III o Grande; foi conde de Tui, do Porto e conquistador de Coimbra (878).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Gutierre | |
Portugués | Guterre |
Antes e despois de Goterre
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]