Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Antígona
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do grego Antígonos, de antí 'contra' e gónos 'xeración, nacemento, caste', derivado de gennao 'xerar', co resultado de 'oposto á súa raza', 'contrario á súa xeración'.
Motivación
Personaxe da traxedia homónima do dramaturgo grego Sófocles, filla de Edipo e da propia nai deste, Iocasta. Antígona desafiou a prohibición do seu tío Creonte, gobernante de Tebas, de enterrar o seu irmán Polinices. Ela deulle sepultura para non traizoar a súa propia conciencia. Creonte encerrouna nunha gruta e alí decidiu aforcarse. Representa o amor filial e fraterno por enriba das leis civís e militares. O tema de Antígona mantívose na cultura occidental en todas as épocas a través de innumerables reelaboracións en todos os xéneros, sobre todo no teatro, pero tamén na ópera, na novela e na cinematografía.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Antígona | |
Español | Antígona | |
Éuscaro | Antigona | |
Francés | Antigoné | |
Antigone | ||
Inglés | Antigone | |
Portugués | Antígona | |
Antígone |
Antes e despois de Antígona
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]