O idioma O galego é a lingua propia de Galicia e de zonas limítrofes co noso País Datos de uso O galego ocupa o lugar 160 entre as 5.500 linguas do mundo Ligazóns
Estatus actual O Parlamento de Galicia aprobou en 1983 a lei de Normalización Lingüística
Membros da Academia
Pleno Os membros da institución en calquera data da súa historia
Nado en Lugo en 1942, e licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, completaría a súa carreira académica cos títulos de Doutor en Filoloxía, Catedrático de Lingua e Literatura Española e Profesor Titular de Filoloxía Española na Universidade de Valencia.
Na cidade compostelá entra en contacto coas figuras máis relevantes do galeguismo da época, como Ramón Piñeiro, e comeza a publicar os seus primeiros escritos en xornais como La Noche ou La Voz de Galicia e a gañar numerosos premios nos certames poéticos organizados durante os Xogos Minervais.
De volta na súa vila natal, traballa como docente no Colexio Fingoi, dirixido entón por Ricardo Carballo Calero, e publica, en 1967, o libro Palabra de honor, que o converte nun dos referentes da súa xeración poética. En 1968 trasládase, por razóns profesionais, a Valencia, onde traballa como catedrático de lingua e literatura española no ensino medio ata 1986, cando gaña praza como Profesor Titular de Filoloxía Hispánica na Universidade de Valencia. En 1976 publica o poemario Mesteres, considerada unha peza fundamental na renovación da linguaxe poética galega do seu tempo.
Alén do seu labor estritamente creativo, Arcadio López-Casanova é, así mesmo, un recoñecido ensaísta no ámbito dos estudos literarios, con traballos centrados na análise da obra de autores como Luís Pimentel e Rosalía de Castro, e outros de carácter teórico como El análisis estilístico (1975) e El texto poético, de 1994.