Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Uxío Torre Enciso A Coruña, 12/11/1908 24/10/1970 Isidro Parga Pondal, Antonio Fraguas Fraguas e Luís Iglesias Iglesias Isidro Parga Pondal Xosé Ramón Barreiro Fernández (14/02/1997 - ) Uxío Torre Enciso (24/10/1970 - 17/04/1994) Julio Sigüenza Reimúndez (28/01/1956 - 15/04/1965) Celestino Sánchez Rivera (27/07/1941 - 30/11/1948) Leandro de Saralegui y Medina (04/09/1905 - 01/12/1906) Nado na Coruña o 12 de novembro de 1908 e finado en Ferrol o 17 de abril de 1994, foi un destacado químico e farmacéutico cun labor investigador no campo da xeoloxía amplamente recoñecido. Torre Enciso cursou na súa cidade natal o Bacharelato, para trasladarse despois a Santiago de Compostela, onde se licenciou nas carreiras de Ciencias Químicas e Farmacia. Posteriormente, en Madrid, cursou o doutoramento en Ciencias Xeolóxicas e no ano 1940 gañou a cátedra que exerceu no Instituto Eusebio da Garda da Coruña. Destacaron as súas actividades no campo da xeoloxía do cuaternario e da xeomorfoloxía galega. O seu labor está unido ao de Parga Pondal, con quen colaborou intensamente en calidade de membro do equipo investigador do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. A obra científica de Torre Enciso abriu novos camiños á ciencia no que se refire ao proceso de alteración das rochas graníticas e a notables achegas ao coñecemento xeomorfolóxico do solo galego. Foi tamén o pioneiro en anunciar o papel da erosión fluvial na formación do relevo somerxido das rías galegas e o primeiro investigador de restos fósiles do cuaternario de Galicia: dous molares de mamut aparecidos nunha canteira de Buxán, provincia de Lugo. Ao longo da súa vida, diversas sociedades contaron coa súa presenza e participación. Así, foi membro de número da Real Sociedad Española de Historia Natural e da Real Sociedad Geográfica. Foi tamén membro fundador do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e da Academia Galega das Ciencias. O 24 de outubro de 1970 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Isidro Parga Pondal, Antonio Fraguas Fraguas e Luís Iglesias Iglesias co discurso Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia, ao que lle deu resposta Isidro Parga Pondal. Publicou numerosos estudos sobre xeoloxía, especialmente sobre a galega, entre os que destaca a seguinte obra: Enfermedades de las plantas producidas por virus. A Coruña: [s.n.], 1950. En colaboración con I. Parga Pondal e J. M. López de Azcona publicou as seguintes Follas e Memorias explicativas do Mapa Geológico Nacional a Escala 1:50.000: n. 45 Betanzos, (1969); n. 67, Muxía (1955); n. 68, Camariñas (1954); n. 69, Santa Comba (1957); n. 70, Ordes (1961); n. 92, Fisterra (1959); n. 93, Outes (1958); n. 260, Oia (1954); n. 261, Tui (1953); n. 298, A Guarda (1956); n. 299, Tomiño (1963). |