Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

José Ogea Otero
Cortegada, Ourense, 16/08/1845


27/10/1905


Académico fundador


Francisco Díaz-Fierros Viqueira (28/09/2002 - )
Isidoro Millán González-Pardo (17/05/1975 - 12/06/1978)
Manuel Gómez Román (30/12/1951 - 11/11/1964)
Gonzalo Brañas Fernández (27/07/1941 - 02/08/1948)
David Fernández Diéguez (28/03/1925 - 23/12/1936)
Adriano López Morillo (17/11/1910 - 30/01/1913)
José Ogea Otero (27/10/1905 - 03/12/1909)
Ángel Amor Ruibal (04/09/1905 - 27/10/1905)


Naceu en Cortegada (Ourense) o 16 de agosto de 1845 e finou na mesma vila o 3 de decembro de 1909.  Foi escritor e político republicano que fixo parte da Real Academia Galega como membro numerario desde a súa fundación. Fillo dun canteiro, cursou Farmacia na universidade de Santiago de Compostela, onde axiña se revelou como poeta e narrador e onde, sobre todo, tomou contacto cos círculos republicanos e cos movementos antiautoritarios precursores da revolución de 1868.  

Sendo moi novo accedeu á Deputación Provincial de Ourense, representando o seu distrito natal dentro das filas republicanas. Xa en 1873, ano da I República española, resultou elixido deputado ás Cortes constituíntes, polo que deixou o seu posto na corporación provincial ourensá. No entanto, coa disolución deste proxecto ao ano seguinte por parte do xeneral Pavia, Xosé Ojea Otero tivo que exiliarse en Portugal perante a represión dos primeiros tempos da primeira Restauración Borbónica (1874-1931). Xa durante a monarquía de Alfonso XII, o noso biografado regresou á casa paterna en Cortegada onde rexentou a farmacia familiar e dedicou o seu tempo a escribir.  

Ojea Otero ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro de 1905, ano da súa fundación, proposto pola Xunta de Goberno, e formou parte dos círculos de intelectuais do Rexurdimento cos que compartiu inquietudes políticas e intelectuais. Curros Enríquez (a quen prologou a primeira edición do seu libro Aires da miña terra), Manuel Murguía (a quen prologou a súa obra Célticos), Paz Novoa, Vázquez Moreiro, Claudio Fernández, Eduardo Chao (a quen lle dedica o seu libro de narracións El mundo rural), Luís A. Mestre Hernández, Serafín Temes ou Ildefonso Meruéndano, entre outros.

Entre as súas publicacións encóntranse as seguintes:
La visión dantesca. Vigo: Imp. de M. Fernández Dios, 1882.
Céltigos. Cuentos y leyendas de Galicia. Ourense: Imp. por Antonio Otero, 1883. Prólogo de Murguía.
El mundo rural. Cuadros de costumbres. A Coruña: Andrés Martínez, 1890. Reedición na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.
Olas rugientes: estudio dramático-filosófico. Ourense: Imp. de El Miño, 1898.
No seminario de La Habana, La Tierra Gallega, dirixido por Curros Enríquez, publicou a novela “Regalo de la vida”, que comezou a saír no nº.60 (1895). No semanario En Marcha, da mesma capital, viu a luz en 1906 a novela “Gentes sencillas”. 



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete