Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Gonzalo López Abente Muxía, A Coruña, 24/03/1878 27/07/1941 Manuel Casás Fernández, Alejandro Barreiro Noya e Ángel del Castillo López A terra e a poesía de Eduardo Pondal [O 27 de xullo de 1941 tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago a cerimonia de ingreso de dezanove académicos de número, no acto só se deu lectura ao discurso La mitología del agua en noroeste hispánico, que pronunciou Fermín Bouza-Brey en nome de todos os recipiendarios e a quen contestou en nome da Institución, o presidente, Manuel Casás. Gonzalo López Abente formaba parte deste grupo de académicos. O seu discurso de ingreso na Institución, A terra e a poesía de Eduardo Pondal, foi publicado pola Real Academia Galega en 1965] Manuel Casás Fernández Xosé Henrique Monteagudo Romero (25/02/2012 - ) Antonio Gil Merino (13/12/1975 - 18/10/2009) Gonzalo López Abente (27/07/1941 - 25/07/1963) Manuel Lugrís Freire (04/09/1905 - 15/02/1940) Gonzalo Francisco López Abente foi un escritor que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, xénero en que a súa escrita brillou especialmente, con libros de poemas caracterizados pola sinxeleza e o intimismo que literaturizaron, unha vez máis, a contorna da Costa da Morte. Naceu en Muxía o 24 de marzo de 1878. Tras estudar o bacharelato e a carreira de Dereito en Compostela, viaxou por Francia, Bélxica e Holanda, para logo instalarse definitivamente na vila natal, onde traballou como funcionario da banca. Mais este oficio non lle impediu relacionarse cos fenómenos políticos e culturais do seu tempo. Así, ocupou a dirección da Irmandade de Amigos da Fala de Muxía, colaborou en Ronsel, Nós,Rexurdimento, El Noroeste ou A Nosa Terra, e participou en empresas culturais como a Colección Lar ou o Seminario de Estudos Galegos. Co triunfo do bando franquista, foi depurado do seu traballo como xuíz municipal suplente. O día 23 de xullo de 1963 falecía na vila onde nacera. A súa produción poética sitúao na escola do "poeta da raza", xunto a Ramón Cabanillas, cos libros Escumas da ribeira, Alento da raza eD'Outono. Posteriormente, chegaron composicións máis maduras, de estrutura máis sinxela e carácter intimista, como Nemancos, Centileos nas ondas ou a obra póstuma Decrúa. Como narrador gañou en 1919 a única edición do Premio de Literatura d'A Nosa Terra coa novela O Diputado por Veiramar. Nesta obra deixou constancia das súas inquietudes sociais, como tamén o fixo noutras novelas curtas, como O escándalo e O novo xuez. Coa intención de contribuír a unha literatura popular e accesible, publicou dúas narracións sobre un trío amoroso: Buserana e Fuxidos. Fixo unha única incursión na novela longa, conVaosilveiro, e outra no teatro: o 20 de febreiro de 1921 estreou María Rosa, correndo a representación a cargo do Cadro de Declamación das Irmandades da Fala da Coruña. Obra Narrativa |