Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Fina Casalderrey Fraga Pontevedra, 11/08/1951 22/11/2013 Ramón Lorenzo, Salvador García-Bodaño, Manuel Rivas Barrós e Rosario Álvarez Blanco Viaxe á semente. Dende os refachos do corazón ata onde habita o imaxinario Rosario Álvarez Blanco Fina Casalderrey Fraga (22/11/2013 - ) Xaime Isla Couto (29/01/1999 - 25/04/2012) Joaquín Freire de Andrade y Valverde (30/11/1956 - 18/02/1972) José Baldomir Rodríguez (27/07/1941 - 01/02/1947) Indalecio Varela Lenzano (04/09/1905 - 20/06/1940) Arquiveira-Bibliotecaria (28/03/2017 - Actualidade) Fina Casalderrey Fraga (28/03/2017 - Actualidade) Margarita Ledo Andión (20/04/2013 - 17/03/2017) Euloxio Rodríguez Ruibal (23/01/2010 - 20/04/2013) Xosé Luís Axeitos Agrelo (17/12/2005 - 18/12/2009) Antonio Gil Merino (29/11/1997 - 16/11/2005) A escritora Fina Casalderrey Fraga naceu en Xeve, Pontevedra, o 11 de agosto de 1951. Mestra de profesión, desenvolveu o seu labor docente en varios centros de ensino do país, salientando a xeira de vinte cinco anos no de Moraña e a de dez en Marín. Ademais do seu labor estritamente creativo como narradora de ficcións destinadas ao público máis novo, Fina Casalderrey é responsable de numerosas achegas nos eidos da composición e dirección de textos dramáticos, poéticos, traducións, recursos didácticos e obras de carácter etnográfico e culinario. Secasí, a cerna da súa produción encádrase dentro dos parámetros da chamada literatura infantil e xuvenil, ámbito no que se amosa como unha autora prolífica cuxa obra, estendida en máis de cincuenta títulos, acadou o recoñecemento do público lector e da crítica, quen lle ten outorgado numerosos galardóns como, entre outros, o Premio Merlín do ano 1991, por Dúas bágoas por Máquina; o Barco de Vapor de 1994 por O misterio dos fillos de Lúa, que tamén mereceu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996; o Edebé de Literatura Infantil do 1995, por O estanque dos parrulos pobres; o Álvaro Cunqueiro de 1999, por Repostería en Galicia; o Puro Cora no 2001 e o Fernández del Riego no 2003, por ambos artigos publicados no Diario de Pontevedra; a Medalla Castelao no 2003 ou o recoñecemento como Socia de Honra da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) no ano 2013. Tamén recibiu o Premio da Cultura Galega na modalidade de Letras no ano 2015, o Premio “Bos e xenerosos” da Fundación Eduardo Pondal no 2016 e o Premio Picadillo á difusión da Gastronomía Galega no 2017. Na súa obra, traducida ao español, o inglés, o italiano, o francés, o portugués, o catalán, o vasco, o coreano, o chinés ou o bretón, a crítica sinala varios trazos estilísticos comúns, como o coidado no uso do idioma, o manexo de diferentes rexistros lingüísticos, o humor, a pintura de situacións familiares e económicas problemáticas, a presenza do mundo dos animais e a sensibilidade cara aos personaxes da terceira idade. A páxina da autora pode consultarse aquí. Obra Literatura Infantil e Xuvenil Mutacións Xenéticas (1991) Gastronomía O libro da Empanada (1993) Guións de curtametraxes Outras publicacións A rosquilleira (1993) |