Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Darío Xohán Cabana Yanes Roás, Lugo, 19/04/1952 22/04/2006 Francisco Fernández Rei, Ramón Lorenzo Vázquez e Antón Santamarina Fernández Xosé Luís Méndez Ferrín Darío Xohán Cabana Yanes (22/04/2006 - ) Manuel María Fernández Teixeiro (15/02/2003 - 08/09/2004) Marino Dónega Rozas (03/11/1973 - 01/04/2001) José Espinosa Rodríguez (18/10/1952 - 13/12/1966) Francisca Herrera Garrido (04/03/1945 - 05/11/1950) Lisardo Rodríguez Barreiro (22/04/1939 - 14/05/1943) Florencio Vaamonde Lores (04/09/1905 - 19/10/1925) Naceu en Roás, na Terra Chá luguesa, en 1952, fillo de labradores pobres. Estudou o bacharelato en Lugo. Entre 1971 e 1975 traballou nas Edicións Castrelos de Vigo, con Xosé María Álvarez Blázquez. Foi liberado da Central Sindical nacionalista, e máis tarde garda municipal en Corcubión. En 1986 volveu para Lugo, como funcionario deste Concello, no que actualmente traballa como Coordinador de Publicacións. Colabora en La Voz de Galicia cun crucigrama diario desde hai vinte anos, e é membro do Consello de Redacción da revista de pensamento A trabe de ouro. É casado, ten dous fillos xa maiores, e vive na parroquia de Romeán. Á morte de Manuel María, que fora o seu guieiro literario e o seu primeiro editor, foi elixido para ocupar a súa cadeira na Academia Galega. En 1970 publicou o seu primeiro libro de poemas, Home e terra. No ano 2003 saíu do prelo un groso volume, Vinte cadernos, que recolle todos os libros de poesía que publicara ata a data. En 1989 gañou o premio Xerais con Galván en Saor, unha das novelas galegas máis vendidas, que vai xa na edición número 16; posteriormente publicou, no xénero narrativo,Vidas senlleiras, O cervo na torre, Morte de rei e Mitos e memorias. Algúns dos seus relatos foron publicados en coleccións específicas para rapaces. É tamén tradutor, especialmente de poesía, e publicou, entre outras, versións do Cancioneiro de Petrarca e d'A divina comedia de Dante; por esta última foille concedida a Medalla de Ouro de Florencia. Bibliografía: Poesía Narrativa Literatura infantil Non creación Traducións principais |