Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Alejandro Barreiro Noya
Santiago de Compostela, A Coruña, 04/06/1874


12/03/1936


E. Rodríguez González, F. Maciñeira y Pardo de Lama, R. Cabanillas Enríquez, M. Lugrís Freire e F. Estrada Catoyra


Bernardo Barreiro de V. V. y su tiempo.




Fernando Martínez Morás


Rosario Álvarez Blanco (06/06/2003 - )
Jenaro Marinhas del Valhe (25/02/1978 - 01/07/1990)
Antonio Iglesias Vilarelle (29/12/1951 - 11/05/1971)
Alejandro Barreiro Noya (12/03/1936 - 22/11/1948)
Evaristo Martelo Paumán del Nero (16/06/1921 - 31/03/1928)
Eduardo Pondal Abente (04/09/1905 - 08/03/1917)


Naceu en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1874 e morreu na Coruña o 22 de novembro de 1948. Foi escritor, xornalista e un apaixonado estudoso da arte galega. Tamén foi membro da Real Academia Galega e o seu Secretario.

O seu pai, Bernardo Barreiro de Vázquez foi un activo xornalista republicano que decidiu emigrar a Arxentina co fracaso da primeira República, en 1873, e para o cal a pintura decorativa sería a súa profesión. Así, desde moi cedo, a vida de Barreiro Noya estivo vinculada á arte, moi especialmente á pintura, e ao xornalismo. A súa mocidade desenvolveuse entre a Coruña, onde estudou Bacharelato, e Santiago de Compostela, onde se licenciou en Maxisterio.

Iniciou a súa carreira xornalística no diario La Voz de Galicia da Coruña, onde comezou traballando coma tipógrafo, seguiu exercendo de redactor e finalmente director desde 1914 até 1937. Foi correspondente informativo e literario dos xornais máis importantes de España e de América, coma El diario español, de Bos Aires e o Diario La Marina, da Habana. 

Ingresou na Real Academia Galega o 12 de marzo de 1936, pola proposta de Eladio Rodríguez González, F. Maciñeira y Pardo de Lama, Ramón Cabanillas, Manuel Lugrís Freire e F. Estrada Catoyra. Foi secretario da Corporación desde o 13 de decembro de 1942 até o 19 de xuño de 1944 e desde o 15 de outubro de 1944 até o 23 de novembro de 1948. Pertenceu á Academia Provincial de Belas Artes da Coruña, pero tamén á de San Telmo de Málaga, amosando o seu dilatado interese e merecido recoñecemento nas artes plásticas. Así, a Asociación Local de Artistas da Coruña escolleuno como socio de mérito. Esta inquietude en todos os aspectos das manifestacións artísticas levouno a participar do coro do orfeón coruñés El Eco, conducido polo músico ferrolán José Castro, Chané.

Se ben publicou os libros Del arte gallego. Exposición Regional 1917: Bocetos de crítica (La Voz de Galicia, 1917), cun prólogo de Antón Villar Ponte, e mais La ruta de La casa de la Troya: estampas, sugestiones y recuerdos (Eneos, 1948), o certo é que a maior parte da súa obra se encontra espallada en diversas publicacións da época. A súa produción poética, por exemplo, aínda non foi escolmada e pode consultarse en distintos números da publicación Album literario. No entanto, foi o ensaio o xénero máis coñecido por Barreiro Noya e as artes plásticas e a historia de Galicia os temas máis recorrentes na súa obra. Así o manifestan os numerosos artigos da súa autoría que se recollen no Boletín da Real Academia Galega e noutras publicacións como Galicia diplomática, Tierra Gallega, Cultura Gallega, Finisterre, Anuario Brigantino ou Centro Gallego: órgano de la colectividad gallega en el Uruguay



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete