- A institución
-
A Lingua
Real Academia Galega
-
Letras galegas
- Dicionario
-
Comunicación
Académicos e académicas

Fina Casalderrey Fraga
Pontevedra, 11/08/1951
Data de ingreso
22/11/2013
A proposta de
Ramón Lorenzo, Salvador García-Bodaño, Manuel Rivas Barrós e Rosario Álvarez Blanco
Título do discurso
Nesta cadeira
Exerce o cargo de
Tesoureira (24/04/2021 - Actualidade)
Arquiveira-Bibliotecaria (28/03/2017 - 26/03/2021)
Anteriormente neste cargo:
Tesoureiro/aMarilar Aleixandre (28/03/2017 - 26/03/2021)Rosario Álvarez Blanco (20/04/2013 - 17/03/2017)Manuel González González (23/01/2010 - 20/04/2013)Andrés Fernández-Albalat Lois (20/12/2001 - 18/12/2009)Xosé Ramón Barreiro Fernández (29/11/1997 - 29/11/2001)Antonio Meijide Pardo (26/06/1983 - 01/06/1997)Marino Dónega Rozas (26/12/1976 - 20/03/1983)Leandro Carré Alvarellos (19/06/1951 - 14/02/1976)Ángel del Castillo López (15/10/1944 - 19/04/1951)Manuel Banet Fontenla (19/06/1944 - 15/10/1944)Ángel del Castillo López (13/12/1942 - 19/06/1944)Félix Estrada Catoyra (30/06/1924 - 14/03/1938)Francisco Ponte y Blanco (12/05/1923 - 31/03/1924)Andrés Martínez Salazar (02/10/1915 - 10/02/1923)José Pérez Ballesteros (04/11/1905 - 02/11/1914)
Arquiveiro/a-Bibliotecario/aMargarita Ledo Andión (20/04/2013 - 17/03/2017)Euloxio Rodríguez Ruibal (23/01/2010 - 20/04/2013)Xosé Luís Axeitos Agrelo (17/12/2005 - 18/12/2009)Antonio Gil Merino (29/11/1997 - 16/11/2005)
A escritora Fina Casalderrey Fraga naceu en Xeve, Pontevedra, o 11 de agosto de 1951. Mestra de profesión, desenvolveu o seu labor docente en varios centros de ensino do país, salientando a xeira de vinte cinco anos no de Moraña e a de dez en Marín. Ademais do seu labor estritamente creativo como narradora de ficcións destinadas ao público máis novo, Fina Casalderrey é responsable de numerosas achegas nos eidos da composición e dirección de textos dramáticos, poéticos, traducións, recursos didácticos e obras de carácter etnográfico e culinario.
Secasí, a cerna da súa produción encádrase dentro dos parámetros da chamada literatura infantil e xuvenil, ámbito no que se amosa como unha autora prolífica cuxa obra, estendida en máis de cincuenta títulos, acadou o recoñecemento do público lector e da crítica, quen lle ten outorgado numerosos galardóns como, entre outros, o Premio Merlín do ano 1991, por Dúas bágoas por Máquina; o Barco de Vapor de 1994 por O misterio dos fillos de Lúa, que tamén mereceu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996; o Edebé de Literatura Infantil do 1995, por O estanque dos parrulos pobres; o Álvaro Cunqueiro de 1999, por Repostería en Galicia; o Puro Cora no 2001 e o Fernández del Riego no 2003, por ambos artigos publicados no Diario de Pontevedra; a Medalla Castelao no 2003 ou o recoñecemento como Socia de Honra da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) no ano 2013. Tamén recibiu o Premio da Cultura Galega na modalidade de Letras no ano 2015, o Premio “Bos e xenerosos” da Fundación Eduardo Pondal no 2016 e o Premio Picadillo á difusión da Gastronomía Galega no 2017.
Na súa obra, traducida ao español, o inglés, o italiano, o francés, o portugués, o catalán, o vasco, o coreano, o chinés ou o bretón, a crítica sinala varios trazos estilísticos comúns, como o coidado no uso do idioma, o manexo de diferentes rexistros lingüísticos, o humor, a pintura de situacións familiares e económicas problemáticas, a presenza do mundo dos animais e a sensibilidade cara aos personaxes da terceira idade.
A páxina da autora pode consultarse aquí.