Contido con Actualidade Novas.

A V Xornada de Onomástica Galega abordará os nomes comerciais

13/07/20 |
As tendencias na denominación dos establecementos e produtos comerciais e o seu papel normalizador centran o encontro do 7 de novembro no Museo de Pontevedra. O programa contará con voces da filoloxía e da dinamización lingüística xunto a outras da empresa e da creación de marcas

Nove pequenas grandes historias en pouco máis de mil palabras

7/07/20 |
Unha edición dixital reúne os contos gañadores do III Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal, escritos por autoras e autores entre os 10 e 40 anos. A revista 'Luzes' tamén os publicará xunto a outros seis relatos escolmados entre os máis de 750 presentados

A académica de honra electa María Rosa Lojo recibirá a Medalla Europea Homero de Poesía e Arte

25/06/20 |
A autora arxetina de orixe galega recibirá a distinción na Feira do Libro de Buenos Aires de 2021 e verá traducida ao chinés unha antoloxía da súa obra

Un volume recompila os estudos sobre os nomes das rúas da IV Xornada de Onomástica

23/06/20 |
A Real Academia Galega edita as achegas de catorce especialistas a un encontro que puxo o foco na necesidade de preservar a toponimia tradicional

Primavera das Letras rexistrou en maio un incremento no número de consultas do 180 %

19/06/20 |
A edición dedicada a Carballo Calero do proxecto web da RAG para os nenos e nenas recibiu só no mes de maio máis visitas ca en todo o ano anterior. O prazo para participar no concurso Contádenos o voso Día das Letras amplíase ata o 1 de decembro

A pianista Rosa Torres-Pardo ponlles música aos versos de Carvalho Calero na voz de Lucía Álvarez

12/06/20 |
A intérprete, gañadora do Premio Nacional da Música, e a actriz Lucía Álvarez gravaron durante o confinamento unha homenaxe ao protagonista do Día das Letras Galegas 2020 baseada nun poema de "Excalibur"

Unha tradución singular para celebrar o Día dos Arquivos

9/06/20 |
Co gallo do Día Internacional dos Arquivos, o da RAG detense na versión en galego da lenda do bardo irlandés Oisín que realizou Juan Beceiro

Henrique Monteagudo aborda a realidade das linguas minoritarias peninsulares no ciclo virtual internacional da Abralin

8/06/20 |
O coordinador do Seminario de Sociolingüística falou sobre a diversidade lingüística da península Ibérica no programa posto en marcha durante o confinamento pola Associação Brasileira de Linguística. O ciclo, inaugurado por Noam Chomsky, conta con relatores e público de todo o mundo

O III Concurso de microrrelatos premia nove pequenas grandes historias entre as máis de 750 presentadas

5/06/20 |
Os galardóns da RAG e PuntoGal distinguen os contos presentados por autores e autoras de distintas idades de Ourense, Marín, Redondela, A Coruña, Caión, Porriño, Teo, Vigo e Val do Dubra. As nove historias suman 1.025 palabras. A máis breve é de só 32

O Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo celebra a Carvalho Calero dende o confinamento

4/06/20 |
Os alumnos gravaron cos móbiles dende as súas casas unha homenaxe audiovisual que repasa a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020 a través da música e a dramatización

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete