Contido con Actualidade Novas.

A Academia lamenta o pasamento da académica de honra Giulia Lanciani

15/11/18 |
A filóloga italiana, catedrática da Università Roma Tre, era un referente internacional da filoloxía románica como investigadora da lírica medieval galega. Promoveu tamén a cultura galega contemporánea no seu país con traducións e traballos de divulgación da poesía actual e das obras italianas vertidas ao galego

Un álbum de autógrafos para celebrar o Día Internacional do Patrimonio

13/11/18 |
O Arquivo amosa a colección doada por Juana Fernández Pinto xunto a outra documentación propia e do seu home, o escritor e xornalista Xavier Bóveda. Os álbums de autógrafos popularizáronse no século XIX. As mulleres eran con frecuencia as principais coleccionistas de sinaturas de persoeiros nun tempo en que estaban excluídas da vida pública que reflicten estes libros

A RAG e a ONCE colaborarán para reforzar o galego entre as persoas con discapacidade visual

12/11/18 |
Ambas as institucións formalizaron un protocolo ao abeiro do cal se comprometen a traballar para incrementar a oferta bibliográfica en galego dispoñible tanto en braille como en versión sonora

A EOI de Madrid-Jesús Maestro acolle unha nova charla de 'Toponimízate'

9/11/18 |
Vicente Feijoo impartirá novas charlas nas vindeiras semanas en Moaña, Miño, Cospeito, Parada de Sil e Cariño tras pasar este xoves pola escola oficial de idiomas madrileña

María Xesús Lama gaña o Premio Nacional de Ensaio coa súa biografía de Rosalía

8/11/18 |
O xurado destaca a contribución da profesora da Universidade de Barcelona á revisión dunha imaxe tópica de Rosalía de Castro ancorada nunha visión romántica e chorona. 'Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)' é a segunda obra que acada este galardón

Viveiro nomeará a Luz Pozo Garza filla adoptiva o 18 de novembro

8/11/18 |
A escritora e académica será homenaxeada no concello onde pasou parte da súa infancia e impartiu clases durante anos. Luz Pozo Garza dálle nome á escola oficial de idiomas da localidade desde o pasado mes de marzo

O apoderamento feminino entra no Dicionario

5/11/18 |
O Seminario de Lexicografía engade acepcións ao termo 'apoderar' e incorpora 'apoderamento' para expresar coa voz propia do galego unha nova realidade social no avance cara á igualdade

Os Premios da Crítica de Galicia recoñecen o labor de Ana Romaní a prol da cultura e da lingua

5/11/18 |
A académica electa resultou galardoada na modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas. A XLI edición dos premios tamén recoñeceu a última novela de Xabier P. DoCampo e a José Luis Mascareñas, Mercedes Peón, Javier Alonso de la Peña, Álvaro Lago, Boaga e a Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas

O Museo do Pobo Galego lembra a Carlos García Martínez

31/10/18 |
Cadrando co 41 aniversario da súa inauguración, a institución rendeulle homenaxe a quen foi o seu director, membro correspondente da Real Academia Galega

Xosé María Lema, premio San Martiño de Normalización Lingüística

30/10/18 |
A Asociación Cultural O Brado recoñece a traxectoria do académico correspondente nunha edición na que tamén foron galardoados Manuel Pereira Valcárcel e Uxía Senlle. Os premios entregaranse nun acto público na Estrada a segunda semana de novembro

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar