Contido con Actualidade Novas.

Os fillos de Tomás Barros doan á Real Academia Galega o seu arquivo persoal

27/10/17 |
A doazón inclúe cadernos e milleiros de pregos manuscritos e mecanoscritos de textos literarios, reflexións persoais e correspondencia que constitúen unha importante fonte para investigar a vida e a obra do propio creador e doutros intelectuais

O futuro da lingua enche a Academia na entrega dos premios Contádenos o voso Día das Letras

24/10/17 |
Noventa nenos e nenas dos cinco colexios galardoados trouxeron á RAG as súas palabras e música de homenaxe a Casares, mesmo a ritmo de 'reggaeton'

A Deputación de Lugo e a Academia asinan un convenio de colaboración

24/10/17 |
A entidade provincial apoia os labores de promoción e estudo da lingua e da cultura galegas cun novo acordo asinado este luns

Ourense homenaxea a Víctor Campio Pereira

20/10/17 |
O Ateneo de Ourense e o PEN Galicia organizaron o acto dedicado ao escritor, membro correspondente da Academia. Xesús Alonso Montero interveu na celebración en representación da institución

Chus Pato gaña o Premio Mondoñedo 10 con 'Hordas de escritura'

19/10/17 |
O galardón distingue o libro da académica como o mellor título da poesía galega da década. O xurado destaca a vocación experimental dunha obra que "intenta artellar un discurso de colectividade escapando do suxeito lírico individual"

Doazón de material léxico autógrafo do dicionario de Marcial Valladares

17/10/17 |
María José e Crisanto Sanmartín Martínez entregan á RAG medio cento de pregos que conservou o seu pai, posiblemente parte do material autógrafo que o lexicógrafo levou á imprenta en 1884

A Academia enriquece os seus fondos de Cabanillas co manuscrito da peza teatral 'A man de Santiña'

10/10/17 |
O Conservatorio Nacional de Arte Galega das Irmandades representouna no seu debut na Coruña en 1919. A RAG conserva outras dúas obras dramatúrxicas do escritor: a ópera que escribiu sobre 'A Virxe de Cristal' de Curros e ' O Mariscal'

O Pleno da RAG proclama a vacante polo pasamento de Xohana Torres

9/10/17 |
O Pleno reuniuse o venres 6 de outubro nunha sesión ordinaria na que tamén se deu conta do falecemento do académico correspondente Nicandro Ares. Aprobado o proxecto para unha nova etapa da revista ‘Cadernos de lingua’, que reforza a proxección da publicación a través de Open Journal Systems

Rafael de Castro García doa a súas traducións das 'Sonatas' de Valle-Inclán

6/10/17 |
O profesor verteu ao galego as 'Memorias do marqués de Bradomín', publicadas por primeira vez entre 1902 e 1905. Rafael de Castro traduciu tamén do castelán ao galego obras de Cela e traballa noutra de Torrente Ballester

Contádenos o voso Día das Letras premia os proxectos arredor de Carlos Casares de cinco colexios

5/10/17 |
Os centros gañadores son de Marín, Sarria, Nigrán, Fene e Ribadavia. Cerca de oitenta comunidades educativas participaron na primeira edición desta iniciativa do proxecto Primavera das Letras. O ‘Casares-Tón’, un videoclip a ritmo de ‘regueaton’ para o poema “Amemos” de Casares, entre as iniciativas premiadas

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 26 de febreiro de 2018 / 11:15 h
Homenaxe a Filomena Dato en Bergondo
Xoves 1 de marzo de 2018 / 12:00 h
Acto académico-literario arredor do Pergamiño Vindel / Universidade de Vigo

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar