Contido con Actualidade Novas.

O Arquivo explica nun vídeo como se tratan os documentos

8/06/18 |
Co gallo do Día Internacional dos Arquivos, a gravación amosa o percorrido da documentación desde que chega á institución ata que queda preparada para poder ser consultada polo público

Xuntanza coa alcaldesa de Lugo

6/06/18 |
Lara Méndez recibiu o presidente e o secretario da RAG. Ambas as partes manifestaron a súa preocupación pola transmisión interxeracional do idioma e o seu interese en impulsar accións de promoción da lingua

Manuel González, premio Lois Peña Novo

5/06/18 |
O académico é recoñecido polo seu traballo de investigación científica e "as constantes achegas á riqueza do noso idioma". María Xosé Queizán e Xesús Costas tamén foron premiados. Os galardóns entregaranse o 28 de xuño no castelo de Soutomaior

Charla sobre Eladio Oviedo e outros académicos con raíces en Noia

1/06/18 |
Henrique Monteagudo ofreceu unha intervención sobre os membros da RAG vinculados á vila cadrando co centenario do pasamento de quen foi un dos fundadores da Academia

Rosario Álvarez, elixida presidenta do Consello da Cultura Galega

1/06/18 |
A académica, catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, sucede no posto o tamén académico Ramón Villares

Primavera das Letras premiará proxectos escolares arredor das Letras Galegas de María Victoria Moreno

29/05/18 |
Os centros poderán presentar os traballos sobre a autora do alumnado de infantil e primaria ata o 22 de xuño. Todas as iniciativas serán compartidas en Primavera das Letras. Sortearanse lotes de libros e todos os centros participantes recibirán un diploma

O VI Coloquio Luso-Galaico sobre a Saudade homenaxea a Andrés Torres Queiruga

28/05/18 |
O encontro, celebrado en Lisboa, no Porto e mais en Vigo, estivo dedicado ao filósofo e teólogo. O académico pechou o pasado sábado o programa tras varios relatorios centrados na súa obra

Tres documentais para María Victoria Moreno na Rede

25/05/18 |
Gonzalo E. Veloso rescata do arquivo da TVG a imaxe a a voz da escritora nun documental dispoñible na web da canle pública. O Concello de Pontevedra e o IES Torrente Ballester comparten tamén en Internet producións audiovisuais con testemuños de persoas do mundo literario, amizades, alumnado e familia da autora

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán achega fondos á sala dedicada á autora na antiga Fábrica de Tabacos

24/05/18 |
O edificio, espazo central de 'La Tribuna' e hoxe sede da Audiencia Provincial da Coruña, estrea paneis sobre a escritora e as cigarreiras e amosa unha escolma de textos autógrafos da autora, edicións en varios idiomas, imaxes da época e utensilios da fábrica

A pegada do activismo lingüístico de María Victoria Moreno no Arquivo da RAG

22/05/18 |
O fondo da Agrupación Cultural O Facho, custodiado na Academia, conserva os mecanoscritos de catro relatos e o guión e correspondencia da autora arredor da conferencia que pronunciou na Coruña o 23 de maio de 1975, dentro do ciclo "Galicia e a muller galega"

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 24 de xullo de 2018 / 11:30 h
Clausura dos XXXI Cursos de lingua e cultura galegas

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar