Contido con Actualidade Novas.

'Mar adiante', unha escola diferente a bordo do 'Arroás'

2/04/18 |
O primeiro libro que publicou María Victoria Moreno é a historia dun barquiño convertido nun colexio onde aprender as cousas importantes da vida. Un clásico da nosa literatura infantil pioneiro na aposta pola renovación pedagóxica en tempos aínda escuros

Xohana Torres, natureza de Illa

21/03/18 |
A Academia homenaxeou no Día Mundial da Poesía a Xohana Torres, "referencia obrigada da literatura galega contemporánea e para as novas xeración". Escritoras, escritores e amizades puxeron voz a fragmentos da súa obra e Guadi Galego converteu en cancións dous dos seus poemas

Ánxela Gracián asina unha biografía novelada de María Victoria Moreno

19/03/18 |
'Doce cartas a María Victoria Moreno', editada por Hércules, narra a vida da escritora coa voz do lobo Garimoso, un dos protagonistas de 'Mar adiante'. O volume será presentado este martes, 20 de marzo, en Santiago de Compostela

O Pleno nomea a Ana Romaní académica de número electa

17/03/18 |
A escritora e xornalista ocupará a vacante producida polo pasamento de Xohana Torres. Na xuntanza de hoxe tamén foi nomeada académica correspondente a lingüista Carme Pazos

A RAG lamenta o pasamento de Carlos García Martínez

17/03/18 |
Membro correspondente da Real Academia Galega desde o ano 1972, dirixía o Museo do Pobo Galego, onde se instalará esta tarde a capela ardente

Case 400 microrrelatos optan aos premios do concurso da RAG e PuntoGal

16/03/18 |
O xurado fará pública a resolución a primeira semana do mes de abril. En total participan nesta iniciativa 378 textos de ata duascentas palabras. As entidades organizadoras amosan a súa satisfacción pola alta participación

Unha extensa programación celebrará as Letras Galegas dedicadas a María Victoria Moreno

14/03/18 |
Exposicións, xornadas académicas, edicións especiais, espazos televisivos, actividades e recursos lúdicos e mesmo eventos deportivos forman parte da extensa programación dirixida a todos os públicos

Nace o Premio Morales para a Promoción do Galego no Bierzo

13/03/18 |
A RAG é unha das institucións que apoia o galardón para poñer en valor a figura do poeta. Poderá participar o alumnado dos dezanove centros en que se estuda galego nesta área galegofalante

O Dicionario actualiza e incorpora 168 termos matemáticos coa colaboración de especialistas de distintos eidos

12/03/18 |
Dez profesionais das tres universidades galegas, o IGE e o ensino medio elaboraron o informe que mellora as definicións de léxico matemático. A colaboración de especialistas doutras áreas fixo posible anteriormente a revisión do léxico da astronomía e na actualidade estase a facer o mesmo co da física

Abre o prazo de preinscrición nos Cursos de lingua e cultura galegas

6/03/18 |
O prazo de solicitude de praza permanecerá aberto ata o 6 de abril. A trixésimo primeira edición do programa dirixido a persoas de fóra de Galicia terá lugar do 2 ao 24 de xullo en Santiago de Compostela

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar