Ángel Orcajo doa á Academia un cadro de homenaxe a Rosalía de Castro

20/12/18 |
O artista madrileño, que mantén un estreito vínculo con Galicia, fixo entrega da obra de gran formato, na que irmanda a escritora galega con Proust. O pintor é un dos grandes representantes do 'pop art' español

Seis voces optan a se converter na Palabra do Ano 2018

18/12/18 |
Apoderamento, “deseucaliptización”, fariña, fascismo, feminismo e sororidade son as voces finalistas de acordo coas suxestións do público remitidas ao Portal das Palabras. A votación a través de Internet permanecerá aberta ata as 23:59 horas do 25 de decembro

Mercedes Queixas Zas, nova académica correspondente

15/12/18 |
O pleno da Real Academia galega aprobou o nomeamento da profesora e escritora na sesión ordinaria celebrada onte pola tarde na Coruña

Samuel Eiján, o poeta da transcendencia

13/12/18 |
A xornada que a RAG, a Provincia Franciscana de Santiago e a Xunta de Galicia dedicaron ao escritor ourensán recupera a lírica galega dun dos máis destacados poetas relixiosos das nosas letras, recompilada polas tres institucións no volume 'Samuel Eiján. Poesía reunida'

A Academia recibe a visita do arcebispo Julián Barrio

10/12/18 |
O relixioso agradeceu "o esforzo de dignidade e prestixio cara á lingua e os seus falantes que os académicos realizan día a día" e lembrou as achegas á cultura galega de figuras como o padre Sarmiento, López Ferreiro ou Saco Arce

O Portal das Palabras abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2018

4/12/18 |
O público pode enviar as propostas ata as 23:59 horas do 16 de decembro. As máis populares pasarán á segunda fase, na que se decidirá cal é o termo que mellor identifica o ano a piques de concluír mediante votación telemática ata as 23:59 do día 25

Unha xornada recupera a poesía relixiosa galega de Samuel Eiján

4/12/18 |
O convento de San Francisco de Santiago de Compostela acolle o 12 de decembro o programa dedicado á creación en lingua galega do franciscano, que foi membro da Real Academia Galega. Un volume editado por Armando Requeixo e Francisco Leira recolle a obra poética do escritor

As academias das xeracións nativas dixitais

4/12/18 |
O presidente da RAG e o director da RAE coinciden no encontro organizado polo Ateneo de Santiago no desafío que supón saber chegar ás novas xeracións

Homenaxe ao profesor Alonso Montero

3/12/18 |
O mundo da cultura, antigos alumnos, amizades e admiradores da súa traxectoria celebraron co académico o seu 90 aniversario nun acto en Vigo

Unha activista cultural multifacética

28/11/18 |
María Victoria Moreno non só foi unha escritora destacada. A segunda xornada do simposio dedicado a ela afondou no seu compromiso coa lingua e a cultura expresado tamén a través do seu labor como docente, libreira ou autora de libros de texto pioneiros
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 27 de maio de 2019 / 18:00 h
Entrega dos premios do II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Novas da Academia

Subscríbete