O Premio Nacional de Periodismo Cultural 2018 recoñece a traxectoria de Ana Romaní

25/09/18 |
O xurado salienta da académica electa o “constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios”, así como a súa visión de feminismo crítico e compromiso social

Antón Santamarina e Ramón Villares, premios da Cultura Galega 2018

25/09/18 |
O filólogo e o historiador, membros de número da RAG, foron galardoados nas modalidades de lingua e acción exterior. O xurado premia tamén a Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Fiot, o Festival de Cans, A Roda e O Sorriso de Daniel

O alumnado do instituto arxentino galego Santiago Apóstolo visita a Academia

24/09/18 |
Dezaoito estudantes do centro porteño coñeceron a biblioteca, o arquivo e mais a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. A académica Fina Casalderrey deulles a benvida en nome da corporación

Premio a tres novas olladas á Marineda de Emilia Pardo Bazán na celebración do aniversario da escritora

21/09/18 |
A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e Marineda City celebran por segundo ano un encontro que recreou o espírito das xuntanzas literarias que a autora organizaba na súa casa. Inversa Teatro conduciu o acto e o 'chef' Taky reinterpretou receitas da homenaxeada

"Como tradutora, María Victoria Moreno sempre se preocupou moito por conservar a esencia do orixinal"

13/09/18 |
Sabela Bará Louro documenta e analiza as traducións da escritora. Este labor foi unha das súas contribucións ao fortalecemento da literatura infantil e xuvenil galega, salienta a investigadora da Universidade de Vigo

Nélida Piñon entrégalle o galardón que leva o seu nome a Daniel Asorey

12/09/18 |
A académica de honra participou en Cercedo-Cotobade, a terra dos seus pais, na entrega do II Premio de Relato Breve Nélida Piñon. Daniel Asorey foi o gañador con "Anatema". Rosendo Cid e Xesús Fraga mereceron senllos accésits por "37 vidas breves" e "Roller Girl"

A RAG aborda no congreso da AIEG as ferramentas TIC para preservar a toponimia

11/09/18 |
O especialista do Seminario de Onomástica Vicente Feijoo presentou as aplicacións deseñadas para salvagardar este rico patrimonio inmaterial galego. Lidia Gómez, colaboradora do Seminario de Sociolingüística, analizou o papel da familia na transmisión da lingua na xeración posmilenarista

"As novas tecnoloxías da comunicación son unha oportunidade para a lingua que non deberiamos desaproveitar"

10/09/18 |
O presidente da RAG reflexionou sobre o futuro do idioma e a cultura galega no novo escenario global na conferencia inaugural do congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que se celebra esta semana en Madrid

Urco saca á luz o derradeiro conto infantil de María Victoria Moreno

10/09/18 |
A editorial publica o relato inédito 'As cinco castes'. A familia da autora atopouno no seu ordenador tras o seu pasamento. Agora dáse a coñecer nunha edición ao coidado do seu amigo Xavier Senín

Tres colexios de Monfero, A Coruña e Ames gañan os premios Contádenos o voso Día das Letras

7/09/18 |
O concurso de Primavera das Letras recoñece os traballos do CPI Virxe da Cela (Monfero), o CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña) e a EEI do Milladoiro (Ames). Os premios entregaranse en outubro na sede da RAG
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar