A Casa–Museo Emilia Pardo Bazán celebra o Día Internacional dos Museos ata a medianoite

15/05/18 |
Microteatro, danza, unha intervención audiovisual e obradoiros para nenos e nenas integran a programación especial que se desenvolverá o venres 18 de marzo no que foi fogar da escritora coruñesa. As propostas desenvolveranse das 18 ás 24 horas

Presentación de 'María Victoria Moreno. A proeza da súa vida e da súa literatura'

15/05/18 |
O académico Xesús Alonso Montero é o autor do volume sobre a autora das Letras Galegas 2018 que sairá á venda con 'La Voz de Galicia' o xoves. A obra foi presentada hoxe na sede da Academia

"María Victoria Moreno foi unha adiantada ao seu tempo, desde nova tocou na súa obra temas dos que non se falaba"

14/05/18 |
Pedro Ferriol, viúvo da autora, axudouna a rescatar a súa primeira novela, escrita en 1969 aínda en castelán. A historia foi premiada e, pola súa culpa, di, incumpriu a promesa de publicar só en galego. Para compensala, postumamente saíu á luz na lingua que fixo propia unha obra que xa avanzaba trazos definitorios da escritora comprometida co mundo en que viviu

María Victoria Moreno "en estado puro"

11/05/18 |
A autora plasmou en 'Diario da luz e a sombra' (2004) a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro. Un canto á vida e tamén un autorretrato cheo de emoción "dunha muller que fascinaba", di Fina Casalderrey

A RAG celebra o Día das Letras de María Victoria Moreno cunha sesión pública en Pontevedra

10/05/18 |
No acto intervirán as académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, e o académico Xesús Alonso Montero con cadansúa alocución sobre distintos aspectos da vida e da obra da escritora homenaxeada. O presidente Víctor F. Freixanes pechará a sesión

O nacemento de Árbore e a aventura da María Victoria Moreno editora

9/05/18 |
A autora homenaxeada este ano pola RAG foi codirectora desde a súa xestación, a finais dos anos 80, da colección de Galaxia para o público infantil e xuvenil. Os tamén escritores Antonio García Teijeiro e David Otero, compañeiros dela nesta andaina, lembran como se xestou e medrou o selo e o coidado que ela puña sempre no proxecto

A Academia abre os Encontros coa xente nova escoitando o alumnado do proxecto 21 días co galego

8/05/18 |
80 estudantes do IES da Pobra do Caramiñal e do Colexio Fogar de Santa Margarida participan na primeira dunhas xuntanzas concibidas como espazo de reflexión e debate sobre o presente o futuro do idioma. O programa que desenvolven estes centros conquista novos espazos de uso do galego entre iguais por parte dos mozos e mozas

A poesía íntima de María Victoria Moreno

7/05/18 |
Non lle interesaba escribir para adultos, pero sabía facelo. En prosa e tamén en verso, como demostra 'Elexías de luz', a obra póstuma que descobre a poeta que foi a muller homenaxeada nas Letras Galegas 2018. Tres amigos dela falan dunha faciana que, advirten, merece máis atención

Fuxan os Ventos converte en canción un poema da protagonista das Letras

3/05/18 |
O grupo rende tributo a María Victoria Moreno poñéndolle música a unha composición de 'Elexías de luz', o libro póstumo que recolle a poesía para o público adulto da autora

"María Victoria Moreno serve de exemplo para todas as persoas que somos galegas de nacemento"

3/05/18 |
Xavier Senín coñeceu a autora, que chegou a Galicia con 23 anos, como mestra de mestres nos cursos de galego. Así empezou unha amizade que o levou tras a súa morte a editar a súa poesía inédita e traducir a novela de mocidade, a única que escribiu para adultos. Nesta entrevista lembra a profesora, escritora e amiga
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar