O presidente da RAG entrevístase co alcalde da Coruña

6/07/17 |
Xulio Ferreiro recibiu a Víctor F. Freixanes, acompañado por Henrique Monteagudo e Fina Casalderrey, no pazo de María Pita. O responsable da RAG lembrou que o concello coruñés é "parte fundacional" da Academia

O ex-alumno que regresou aos Cursos Galego sen fronteiras cunha novela na nosa lingua

6/07/17 |
Francisco Coimbra, autor de 'Crónica córnica' e profesor da Universidade Federal do Paraná, impartiu a conferencia inaugural dos Cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia. Madrileño de nacemento, en 2010 foi estudante dos cursos que organiza a RAG

Trinta anos compartindo co mundo a lingua e a cultura galegas

3/07/17 |
Os Cursos Galego sen fronteiras danlles a benvida a máis de oitenta alumnas e alumnos de vinte países. "Estou seguro de que marcharedes namorados do país e da lingua", expresa o presidente Víctor F. Freixanes

Catro protagonistas das Letras Galegas a través de Carlos Casares

29/06/17 |
O autor homenaxeado o pasado 17 de maio encargouse da edición dos volumes que a RAG lles dedicou no seu momento a Francisca Herrera Garrido, Ramón Otero Pedrayo, Fermín Bouza-Brey e Ánxel Fole

A obra de Quintanilla que escandalizou os puritanos

26/06/17 |
Estreada o 7 de abril de 1921 no Teatro Jofre, 'Donosiña' é boa mostra dos novos aires que as Irmandades da Fala quixeron imprimirlle á dramaturxia. O manuscrito desta obra envolta na polémica pode consultarse en versión dixital

A RAG e a Consellería de Cultura asinan un convenio de colaboración

23/06/17 |
O acordo para 2017 permitirá avanzar en distintos proxectos e traballos no eido da lexicografía, a gramática ou a sociolingüística, ademais de facilitar a organización de diversas actividades culturais e académicas

Xuntanza do presidente da RAG co titular da Deputación de Ourense

22/06/17 |
Manuel Baltar recibiu hoxe na sede da institución provincial a Víctor Freixanes e o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo

Os Cursos “Galego sen fronteiras” reciben este verán máis de 80 estudantes dunha vintena de países

21/06/17 |
A trixésima edición será inaugurada o vindeiro 3 de xullo na Facultade de Filosofía da USC. O programa combina as clases teóricas e prácticas con obradoiros de música e baile e palestras impartidas por persoas do mundo da cultura galega especialistas en distintos eidos

O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Victoria Moreno Márquez

17/06/17 |
O Pleno da RAG acordou homenaxear o vindeiro 17 de maio a escritora de orixe estremeña, unha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo. Na mesma sesión votouse a favor da proposta de nomear a Marina Mayoral académica de honra e a cobertura de sete vacantes de correspondentes
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 26 de febreiro de 2018 / 11:15 h
Homenaxe a Filomena Dato en Bergondo

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar