A Real Academia Galega lamenta o pasamento de Xosé Luís Franco Grande

31/03/20 |
O académico de número cultivou a literatura dende moi novo e tamén foi o autor de obras de referencia na divulgación do léxico galego nunha época de grandes carencias nese eido

Un dolmen na revista 'Nós'

30/03/20 |
As fermosas imaxes que Castelao debuxou para 'Nós' transmiten mensaxes que nos falan da súa visión de Galicia. Así acontece co dolmen que está presente na portada e nas páxinas da revista

O gramático Saco Arce e o poeta Antonio Fernández Morales abren a colección Anexos BRAG

27/03/20 |
O primeiro volume escolma as achegas da xornada arredor dos 150 anos da primeira gramática científica do galego. O número dous reproduce as cartas cos primeiros versos en galego do autor inaugural do Rexurdimento berciano

Carvalho Calero no programa de televisión 'A Trabe de Ouro'

25/03/20 |
A RAG inclúe no seu espazo web do autor, cadrando co seu cabodano, este documento audiovisual cortesía da TVG. Carvalho Calero conversa sobre a súa xeración intelectual, a súa obra literaria e a lingua con Víctor F. Freixanes, actual presidente da Academia

O arquivo da Academia comparte a poesía póstuma de López Abente

24/03/20 |
A institución completa a dixitalización das composicións que conserva do poeta da Costa da Morte, agora dispoñibles en liña a través do Arquivo Dixital de Galicia. O fondo inclúe os versos manuscritos que lle dedicou á Nosa Señora da Barca e o cento poemas mecanoscritos de 'Bretemada'

A RAG participa no Día do Galego no Bierzo

23/03/20 |
A xornada incluíu actividades en Vilafranca do Bierzo, Cacabelos e Corullón. O membro correspondente Héctor Silveiro participou en representación da Academia. Unha mesa de debate repasou as accións promovidas a prol do galego no Bierzo por parte de distintas entidades

A RAG e a Academia Brasileira de Letras dialogan no espazo virtual para facer fronte á corentena

23/03/20 |
O presidente Víctor F. Freixanes participa na campaña #ABLemSuaCasa e o seu homólogo brasileiro responde á Academia con outra mensaxe de solidariedade e veciñanza

Cinco datos sobre 'Nós', a revista que modernizou a cultura galega

23/03/20 |
A biblioteca da Academia conserva unha colección orixinal case completa da publicación. Repasamos algúns dos seus fitos no centenario do seu nacemento

A Real Academia Galega pecha temporalmente os servizos presenciais en cumprimento das medidas de prevención do contaxio do coronavirus

12/03/20 |
A biblioteca, a hemeroteca, o arquivo e os demais departamentos seguirán a atender todas as xestións e consultas dos usuarios e usuarias que poidan resolverse por medios dixitais
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 8 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo Calero - Ricardo Carballo Calero no seu tempo
Xoves 15 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo Calero - Estudos sobre literatura
Xoves 22 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo Calero - Creación literaria
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete