Contido con Actualidade Novas.

O Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo celebra a Carvalho Calero dende o confinamento

4/06/20 |
Os alumnos gravaron cos móbiles dende as súas casas unha homenaxe audiovisual que repasa a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020 a través da música e a dramatización

Dos precursores ao Día das Letras Galegas dende o arquivo da Academia

28/05/20 |
O arquivo da RAG lembra neste mes das Letras Galegas a través dos seus documentos historiográficos unha serie de feitos que contribuíron dalgún xeito a chegar a esta 58 edición da festa grande da nosa cultura moito antes da súa instauración

"Carvalho Calero comezou a escribir teatro durante a República por militancia"

26/05/20 |
Laura Tato Fontaíña repasa nesta entrevista as achegas á escena do protagonista das Letras Galegas 2020. Para a catedrática da UDC a súa mellor obra é 'Os xefes', unha crítica a transición española que é tamén unha homenaxe a Castelao

O Dicionario incorpora 'desconfinamento', 'covid-19', 'coronavirus' e outras palabras da pandemia

22/05/20 |
A última actualización acordada polo Seminario de Lexicografía inclúe tamén ‘teletraballo’, ‘webinario’, ‘desconfinamento’, ‘desescalada’ ou ‘resiliencia’. As consultas do Dicionario acadaron no mes de abril un novo récord histórico con 133.000 procuras diarias de media

A RAG reabre ao público os servizos de biblioteca e arquivo

18/05/20 | O persoal atenderá as solicitudes dos usuarios con cita previa en horario reducido de 9:30 a 14:00 horas. A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán permanece pechada por labores de conservación

A Academia homenaxea a Ricardo Carvalho Calero ao pé da súa casa en Santiago de Compostela

17/05/20 |
A RAG celebra o 17 de maio cunha ofrenda floral. O seu tradicional pleno do Día das Letras Galegas foi adiado por mor da pandemia de coronavirus e terá lugar o 31 de outubro no Ferrol natal do autor, cadrando cos 110 anos do seu nacemento

A Academia celebra o Día das Letras Galegas na Rede con propostas para todas as idades

13/05/20 |
Primavera das Letras, o portal da RAG para os máis pequenos da casa, bate récords de visitas en maio e duplica o número de páxinas vistas. A oferta dixital arredor da vida e da obra de Carvalho Calero inclúe entrevistas, a serie de microespazos 'Unha palabra para don Ricardo' e contidos especiais do Portal das Palabras

"En 'Scórpio' hai un escritor moi maduro, Carballo Calero constrúe un artefacto narrativo perfectamente engraxado"

12/05/20 |
O protagonista do Día das Letras Galegas escribiu pouca ficción narrativa pero demostrou cos seus relatos e novelas que era quen de manexar con acerto distintos rexistros, salienta Dolores Vilavedra. A profesora de Literatura Galega da USC valora especialmente a súa prosa ensaística, na que soubo encarreirar o pulo creativo

Carballo Calero na biblioteca da RAG

12/05/20 |
A biblioteca da Academia exhibe unha escolma das primeiras edicións do autor homenaxeado este 17 de maio. Os fondos van dende as súas propias obras de poesía, narrativa e teatro ata os estudos literarios, nos que Rosalía mereceu sempre unha atención primordial

A RAG lamenta o pasamento de Xosé López Calo

11/05/20 |
O musicólogo, membro correspondente da Academia dende 1967, faleceu onte aos 98 anos en Salamanca. Foi unha das grandes figuras da súa disciplina en España e experto destacado en fondos musicais catedralicios

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete