Contido con Actualidade Novas.

Música para o poema "Ferrol 1916" e unha nova ollada á 'Farsa das zocas'

15/10/20 |
O teatro Jofre acolleu este mércores a presentación da edición especial dunha das súas obras teatrais de Carballo Calero e da composición de musical de Miguel Brotóns realizada a partir do poema do autor das Letras Galegas 2020 sobre a súa cidade natal

Carvalho Calero no seu tempo: do líder xuvenil republicano ao activismo cultural

8/10/20 |
O Simposio Ricardo Carballo / Carvalho Calero comeza cun percorrido polos distintos momentos da biografía dunha figura que cobre a historia da Galicia do século XX

A Academia e o Concello da Coruña abordan a celebración do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán

6/10/20 |
A rexedora recibiu o presidente e a académica Marilar Aleixandre no pazo de María Pita. Víctor F. Freixanes salienta que A Coruña debe ter o protagonismo que merece na celebración da figura da escritora no ano 2021

A Academia inaugura o simposio das Letras Galegas 2020 e estrea unha nova web de Carvalho Calero

6/10/20 |
O Simposio Ricardo Carballo / Carvalho Calero comeza o 8 de outubro cunha sesión sobre o autor no seu tempo que contará con Justo Beramendi, Carmen Blanco, José-Martinho Montero Santalha e Ramón Villares. Todas as sesións poderán seguirse en directo a través do novo micrositio das Letras Galegas que avanza a nova imaxe da RAG na Rede

A Coruña nomea a Andrés Fernández-Albalat fillo predilecto

5/10/20 |
A cidade natal do arquitecto e académico réndelle homenaxe a título póstumo. A Casa da Cultura Salvador de Madariaga expón ata o 8 de novembro unha mostra con material orixinal do creador

O Portal das Palabras crea un premio escolar para lles poñer imaxes ás palabras do día

5/10/20 |
A Academia e a Fundación Barrié premiarán oito traballos de infantil, primaria e ESO baseados no pensamento visual que convertan en imaxes os temas abordados na Palabra do Día do Portal do Palabras durante o mes de outono: a vida e a obra de Carballo Calero, o Día da Nena, o Samaín e mais o ambiente

O pleno da Academia nomea a Xavier Senín membro correspondente

3/10/20 |
Xavier Senín é unha das figuras máis destacadas da tradución ao galego, con máis de cento cincuenta títulos levados á nosa lingua. Entre outros volumes, traduciu os populares álbums de Astérix e formou parte do equipo que levou ao galego 'O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha'

O Parlamento de Galicia homenaxea a Carballo Calero cun libro e unha mostra

1/10/20 |
A Cámara acolleu hoxe a presentación do volume 'Ricardo Carvalho Calero. Orador. Discursos e leccións', de Pilar García Negro. A profesora coordinou tamén a mostra bibliográfica, que se completa con documentos persoais do autor

Berta Dávila gaña o Premio Narrativa Breve Repsol con 'Illa decepción'

30/09/20 |
A autora faise por segunda vez con este galardón tras acadalo en 2013 coa novela 'O derradeiro libro de Emma Olsen'

O Simposio Ricardo Carballo Calero profunda no tempo e no legado do protagonista das Letras Galegas 2020

25/09/20 |
Unha ducia de voces expertas profundarán na súa vida e obra os xoves 8, 15, 22 e 29 de outubro. As sesións terán lugar na sede da institución e poderán seguirse en directo dende academia.gal

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete