Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
aire Para todas as acepcións SINÓNIMO ar substantivo masculino1 Mestura que, constituída por osíxeno, nitróxeno e outros gases amais de vapor de auga, forma a atmosfera da Terra. O aire é necesario para a vida.2 Conxunto de gases que constitúe unha atmosfera determinada nun momento dado. Regúlalle o aire ao motor.3Vento Levantouse un aire do norte ben frío. Vén o aire de Meira.4 Espazo sobre a superficie da Terra. Pasa moito medo nas viaxes por aire.5 Ambiente que rodea algo. A felicidade notábase no aire. Estaba influído polos aires do Renacemento.6 figurado Calidade de semellante e aquilo que fai que unha persoa ou cousa sexa semellante a outra. No modo de ser ten un aire con seu pai. CONFRÓNTESE parecido7 Modo como se presenta á vista unha persoa ou cousa. Vino camiñando con aire preocupado. Tiña aires de señora. SINÓNIMO aspecto8Donaire Era unha rapaza con moito aire.9 popular Ataque de parálise. Deulle un aire e non se volveu levantar.10 figurado Estado de debilidade xeral, falta de apetito etc., que afecta xeralmente aos nenos e que se achaca popularmente ao contacto con defuntos, con moribundos ou con animais. Súa avoa di que colleu un aire de morto.11 Mal de ollo. Levárono a unha meiga para que lle sacase o aire.12 Música dunha canción. Aires populares.13 Música Tempo co que se executa unha obra musical. Un concerto de aire lento. FRASES E EXPRESIÓNS CON aire Aire acondicionado 1 Aire climatizado por medio dun aparato que permite controlar a temperatura dun espazo cerrado. O aire acondicionado sécalle a gorxa. 2 Este aparato. Mercou un coche con aire acondicionado. Aire comprimido Aire que se comprimiu para aumentar a súa presión e aproveitala como enerxía no momento no que se expande. Unha escopeta de aire comprimido. Aire de araña Erupción na pel que se considera popularmente producida polo paso dunha araña. Deulle un remedio para o aire de araña. Aire libre Espazo aberto non limitado. Unha comida ao aire libre. Aire líquido Química Aire en estado líquido que se obtén comprimíndoo e arrefriándoo por debaixo do punto de ebulición dos seus principais compoñentes. O aire líquido é lixeiramente azulado. Aire mareiro Vento que vén do mar. Sopraba un agradable vento mareiro. SINÓNIMOS travesía, vento mareiro Ao meu (teu, seu...) aire De acordo co meu (teu, seu...) estilo, costumes ou ideas. Sempre o fai todo ao seu aire. Cambiar de aires Ir para outro lugar. Necesitas cambiar de aires un tempo. SINÓNIMO mudar de aires Collelas no aire Comprender rapidamente, decatarse deseguida de algo. Non mo dixo directamente, pero collinas no aire. SINÓNIMO pillalas no aire Coller aireInspirar Collín aire e armeime de valor. Dar aireAbanar Non paraba de dar aire co abano. Darse aires de Ter o aspecto de algo ou alguén que se expresa. Dáse aires de marqués. Estar no aire 1 Estar sen resolver, sen decidir. De momento, o asunto está no aire. 2 Estar nunha situación incerta ou insegura. O seu cargo está no aire. Ficar no aire Ficar á espera de resposta. A pregunta ficou no aire. SINÓNIMO quedar no aire Matalas no aire Dar respostas rápidas e agudas. Ese mátaas no aire. Mudar de aires Cambiar de aires. Xa me apetece mudar de aires. No aire locución adverbial 1 Con rapidez, no instante. Iso fágocho eu no aire. 2 En emisión. Silencio, estamos no aire! Pillalas no aire Collelas no aire. Non fales diante del, que as pilla no aire. Quedar no aire Ficar no aire. Todo quedou no aire. Serra de aire VÉXASE serra Tomar o aire Pasear ao aire libre, dar unha volta por un lugar descuberto. Foi tomar o aire porque empezaba a marearse. Virar o aire Cambiar o aire de dirección. Á noitiña virou o aire e quedou travesío. SINÓNIMO virar o vento
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: