Mil son eu tan só, tan soa
Simposio Luísa Villalta
19, 20 e 21 de novembro - 17:00 h
Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
herba substantivo feminino1 Calquera planta de talo tenro, xeralmente anual, da que existen numerosas variedades. Herbas aromáticas. Bebida de herbas.2 Conxunto desas plantas. Un prado de herba. Botar herba. Apañar herba. FRASES E EXPRESIÓNS CON herba Herba abelleira Planta medicinal con recendo a limón. Fregaban un trobo con herba abelleira para atraer un enxame. Herba becerra (Antirrhinum majus) Planta da familia das escrofulariáceas, de talo ergueito, con follas simples, opostas na base do talo e alternas máis arriba e flores en acios de distintas cores, de forma característica. Gústanme as flores rosadas da herba becerra. Herba cabreira Herba mitolóxica sen identificar coa que, segundo a crenza popular, as andoriñas e os petos fan os niños e á que se lle atribúen poderes extraordinarios. Din que a andoriña vai na procura da herba cabreira para facer os seus niños. Herba campeira Herba que nace de maneira espontánea entre os cereais. A herba campeira sobe alta entre o pan. SINÓNIMO herba campía Herba campía Herba campeira. Tiraban a herba campía de entre centeo para que medrase mellor. Herba cepeira Planta herbácea da familia das acantáceas da que existen varias especies, perenne, con follas anuais, alongadas, rizadas e espiñentas e flores en espiga, que se cultiva como ornamental en países de clima temperado. Preparoulle un ramo coas flores secas da herba cepeira. SINÓNIMOS acanto, herba da bruxa Herba cervúa (Phyllitis scolopendrium) Fieito da familia das polipodiáceas, vivaz, con frondes simples, enteiras e lanceoladas e pecíolo curto. A herba cervúa tapaba completamente o ribazo. SINÓNIMOS cerviña, cervúa, lingua cerviña, pé cervún Herba cheirentaÁrnica Tenlle moita fe á herba cheirenta para os golpes e as mazaduras. Herba da andoriñaCelidonia A herba da andoriña deita un leite amarelo. Herba da bruxa Herba cepeira. A lenda falaba dun encantamento feito con herba da bruxa. Herba da fameErvellaca Xogaban a tirarlle os chícharos á herba da fame. Herba da loba Abrótano femia. Colocaban entre a roupa feixiños de herba da loba para escorrentar a couza. Herba da raña Anxélica brava. Os froitos da herba da raña utilízanse como carminativo. Herba da sarna Anxélica brava. Foron buscar herba da sarna ao fondo do prado. Herba das anadasXario O nome de herba das anadas parece dar a entender que é agoiro de boas colleitas. Herba das doasNocella Hai a crenza de que a herba das doas axuda a desfacer os cálculos urinarios. Herba das feridasAbeluria A miña nai coñece moitas herbas para sandar: herba da sarna, herba das feridas…. Herba das ferreñasSaponaria A herba das ferreñas florece entre xuño e novembro. Herba de namorar (Armeria maritima) Planta herbácea da familia das plumbaxináceas, de cepa curta e moi ramificada e flores rosáceas, que medra en marismas e zonas salobres e, máis raramente, en penedías. Trouxéronnos a herba de namorar de Teixido. SINÓNIMO empreñadeira Herba de Nosa SeñoraArtemisa Axudábase de lavativas quentes de herbas de Nosa Señora para evacuar o ventre. Herba de santa María (Tanacetum parthenium) Planta herbácea perenne de ata un metro, de follas recendentes e flores con pétalos brancos, que ten propiedades medicinais. Preparoulle unha tisana coas herbas de santa María. Herba do cegoOrtiga As herbas do cego pódense comer cocidas. Herba do gando (Helleborus foetidus) Planta herbácea perenne da familia das ranunculáceas, de talos rexos, flores verdosas e estames numerosos. Fixo unha infusión con herba do gando para curar a úlcera. SINÓNIMO chaveira Herba do garrotillo (Anagallis arvensis) Planta herbácea anual da familia das primuláceas, con follas de forma ovada e flores pequenas, que poden ser de cor azul ou vermella, e froito en casula. A herba do garrotillo empregábase antes para as mordeduras de animais velenosos. Herba donaFumaria A herba dona ten propiedades diuréticas. Herba do rodicio (Galium verum) Planta herbácea da familia das rubiáceas de talo erecto, follas estreitas e pequenas e flores amarelas de aroma agradable. As flores da herba do rodicio usábanse para callar o leite. SINÓNIMO herba dos aganos Herba dos aganos Herba do rodicio. A herba dos aganos é daniña para o gando. Herba dos amores (Arctium minus e Arctium lappa) Planta da familia das compostas, de follas alternas, enteiras ou dentadas, e flores de cor verde ou púrpura. As flores da herba dos amores péganse moito á roupa. Herba dos arengosMeimendro A herba dos arengos ten propiedades tóxicas. Herba dos cantores (Sisymbrium officinale) Planta da familia das crucíferas de ata un metro de altura, flores amarelas reunidas en grupos pequenos e froito en cápsula, moito máis longo ca ancho. Coas flores da herba dos cantores faciamos colares. SINÓNIMOS cecimbre, saramago Herba dos carpinteirosAquilea Apañaron herba dos carpinteiros ao pé do río. Herba dos dentes Bolsa de pastor. Despois de cada comida tomaba unha infusión de herba dos dentes. Herba do xerroXario A herba do xerro adoita medrar entre as vides. Herba luísa (Lippia citriodora) Planta arbustiva da familia das verbenáceas, de talos leñosos, follas alongadas con recendo a limón que se utilizan en infusións e flores abrancazadas ou rosas en espiga. Preparoulle unha infusión con herba luísa para as dores estomacais. Herba mate VÉXASE mate2 Herba paxareira (Stellaria media) Planta anual da familia das cariofiláceas, de follas pequenas ovais e flores brancas, que aparece en terreos húmidos e estercados. A herba paxareira ten propiedades expectorantes. SINÓNIMOS maruxa, muruxa Herba pulgueira (Polygonum persicaria) Planta herbácea anual da familia das poligonáceas, frecuente en lugares húmidos da maior parte de Galicia, con flores avermelladas e follas lanceoladas que adoitan levar unha mancha negra. Apañaron herba pulgueira para facer un remedio. SINÓNIMOS beldro, crista, cristo1 Herbas de san Xoán Herbas e plantas recendentes que se poñen en auga a véspera de san Xoán para, ao outro día, a modo de rito, lavarse con esa auga. Nunca esquecían preparar as herbas de san Xoán. Herba secaFeo1 Recolleron a herba seca antes de que chovese. Herba trigal (Holcus lanatus) Planta das gramíneas con talo de ata un metro, follas planas, estreitas, longas e aveludadas, e flores formando unha especie de espiga composta, que ás veces teñen un ton rosado ou púrpura. Dicían que se as vacas comían herba trigal, daban máis leite. Herba xaboeira VÉXASE xaboeira
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: