Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
facer verbo transitivo1 Dar forma a [algo material] reunindo e colocando convenientemente os elementos de que se compón. Facer unha empanada. Facer a comida. SINÓNIMO preparar Facer unha casa. O merlo fixo o niño na silveira. SINÓNIMOS construír, fabricar ANTÓNIMO desfacer Facer un poema. SINÓNIMOS compoñer, compor2 Realizar en [unha cousa] todo o necesario para que estea da maneira conveniente para a súa utilización. Facer as maletas. SINÓNIMO preparar Facer as camas. ANTÓNIMO desfacer3 Poñer os medios necesarios ou realizar o que se precisa para que [algo] sexa, exista ou se produza. Facer burla. Fíxonos un aceno. Facer contas. Facer unha pregunta.4 Buscar a solución a [unha cousa] ou realizar o traballo que require. Facer un encrucillado. Facer os deberes.5 Provocar ou obrigar [a alguén] a que se execute o que expresa o verbo. Fíxoo chorar. Fíxoo vir a pé.6 Dar como resultado. Dúas e dúas fan catro. CONFRÓNTESE ser17 Haber xustamente [certo número de semanas, meses ou anos] do nacemento de alguén. Para luns fai vinte anos.8 Supor ou imaxinar que [algo ou alguén] está nun sitio ou era de certa maneira. Facíate na Arxentina. Eu facíao un pouco máis baixo e groso.9 Adoptar o comportamento propio de [alguén]. Ti es parvo ou falo?10 Actuar de tal maneira que parece [o que se expresa]. Fixo que non oía. SINÓNIMOS aparentar, finxir, simular Non fagas o xordo. Fixo coma se non o coñecese.11 Imitar [a voz, o canto etc., dun animal]. Fai moi ben a galiña.12 Conseguir que [o corpo] soporte ou non lle sexa estraño algo. Facer o corpo ao traballo. SINÓNIMOS acostumar, afacer, habituar CONFRÓNTESE avezar13 Ser unha cousa ou unha persoa a causa de que alguén sexa [aquilo que se expresa]. A boa nova fíxonos moi felices. Fixo moi desgraciados a seus pais.14 Andar [unha distancia]. En total fixeron máis de dous mil quilómetros. SINÓNIMO percorrer15 Chegar a ter [diñeiro, amizades etc.]. Facer unha fortuna. Fixeron moitos cartos aló en Inglaterra. Aquí fixemos moitos amigos.16 Dar aparencia de. Ese vestido faite máis delgada.17 Causar [algún tipo de prexuízo]. Moitas lle ten feito. Non te vales sen facelas.18 popular Deixar [algo] en testamento a alguén. Fíxolle a casa á filla. SINÓNIMO testar119 Cumprirse exactamente [un período de tempo]. Fai mañá quince días que marchou seu pai para a Alemaña. verbo intransitivo20(facer de) [Persoa] desempeñar un papel, oficio etc., eventualmente. Facer de rei no teatro. SINÓNIMO traballar O defensa tivo que facer de porteiro. SINÓNIMO xogar verbo pronominal21 [Persoa, cousa] chegar a ser, evolucionar cara a algo que se expresa. Facerse vello.22 [Persoa] adquirir un costume ou cambiar de hábito. Facerse a mastigar ben a comida. Facerse á vida do campo. SINÓNIMOS acostumarse, afacerse, habituarse23 [Persoa, cousa] resultar. Este home fáiseme coñecido. É un traballo que se fai pesado. Non deu comido o cocido, fíxoselle moito. FRASES E EXPRESIÓNS CON facer Dar que facer VÉXASE dar Facela boa Realizar unha acción prexudicial ou inconveniente. Se foi ela soa, houbo de facela boa! Facer alarde de VÉXASE alarde Facer as beiras VÉXASE beira Facer ben Producir unha cousa un efecto bo. Parece que lle fixo ben o paseo. Facer bo de (alguén) VÉXASE bo Facer boa feira VÉXASE feira Facer causa común VÉXASE causa Facer cola VÉXASE cola3 Facer das túas (as súas, as vosas...) coloquial Actuar alguén segundo os seus propios criterios, sen reparar nos prexuízos que poida causar. Xa anda o cativo facendo das súas. Facer de conta VÉXASE conta Facer de corpo VÉXASE corpo Facer de ventre VÉXASE ventre Facer e acontecer Díselle a quen promete e non cumpre. OBSERVACIÓNS: Adoita ter un matiz irónico Si home, ti vas facer e acontecer, coma sempre. Facer e desfacer Mandar sen ter en conta os demais. El é quen fai e desfai, a nós nin nos pregunta. Facer gala de VÉXASE gala1 Facer mal Producir unha cousa un efecto malo. Algo comiches que che fixo mal. Facer mala feira VÉXASE feira Facer o amor VÉXASE amor Facer o mono VÉXASE mono1 Facer o parvo VÉXASE parvo Facer o tempo VÉXASE tempo Facer por Equivaler en tamaño, valor, cantidade etc., a. O meu can fai por tres do teu. Facer por + inf Esforzarse, procurar o cumprimento de algo. Ti fai por velo. Facerse cargo (de) VÉXASE cargo Facerse conConseguir Onde te fixeches con esa bicicleta? Facerse(lle) tarde (a alguén) Serlle hora. Voume que se me fai tarde. Facer tempo VÉXASE tempo Non facer branca VÉXASE branco Non facer máis ca (que) Dedicarse por completo ou só a algo que se expresa. Non fai máis que andar de xolda, non axuda nada. Non haber nada que facer Non haber remedio. O médico díxolle á familia que non había nada que facer. Non saber que facer Ter dúbidas ante certa situación. Non sei que facer, se aceptalo ou non. Non ter nada que facer Non ter remedio. O corredor sabía que non tiña nada que facer con rivais como o español. SINÓNIMO non haber nada que facer Ter que facer Estar ocupado. Ten moito que facer. Ter máis que facer Non poder perder o tempo en algo que se expresa ou se sobreentende. Pensas que non teño máis que facer que aturarte! /pc/verbos/facer.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: