Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
conta substantivo feminino1 Acción e efecto de contar ou enumerar. Leva a conta de todo o que se fai. Xa perdeu a conta dos anos que leva no estranxeiro.2 Acción e efecto de calcular unha cantidade por medio de operacións aritméticas. Faga a conta do que debo. Non lle saen as contas. SINÓNIMO cálculo3 Relación de gastos e ingresos dunha actividade comercial. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse en plural O libro de contas dun comerciante. SINÓNIMO contabilidade4 Cantidade que hai que pagar ou cobrar. A conta dos artigos comprados. A conta do alugamento da casa. A conta da comida. CONFRÓNTESE factura, nota5 Asunto da incumbencia de dúas ou máis persoas. Temos algunhas contas que arranxar ti e mais eu. Teño unha conta pendente con túa nai.6 Explicación sobre algo que se fixo. Non me pidas contas de onde estiven porque non chas vou dar.7 Informática Servizo que un usuario obtén dun provedor, que lle permite o acceso ás súas funcionalidades mediante un nome de usuario e un contrasinal. Abriu unha conta de correo gratuíta. Cancelou a conta porque estaba sendo moi criticado. FRASES E EXPRESIÓNS CON conta Á conta de Aproveitando certa circunstancia da persoa ou da cousa que se expresa. Fartouse de viaxar á conta dos pais. Comprou unha casa á conta dos cartos que lle tocaron na lotaría. SINÓNIMO á custa de Axustar contas (a alguén ou con alguén) Ofender fisicamente ou de palabra a alguén que previamente cometeu agravio. Xa axustará contas con ela cando se atopen, a cousa non vai quedar así! Botar a conta Calcular a suma total de algo. Bota a conta de todo o que levas mercado ti. SINÓNIMO facer a conta Botar contas Meditar sobre as vantaxes ou inconvenientes de certa cousa. Bota contas e despois hasme dicir cal che convén mellor. Caer na conta Comprender algo que antes non se entendía ou non se sabía. Xa caeu na conta de que non lle contaba toda a verdade. SINÓNIMOS darse conta, darse de conta, decatarse Censor de contas VÉXASE censor Conta atrás Tempo, cada vez menor, que falta para que ocorra algo. Comeza a conta atrás para as eleccións municipais. Conta corrente Contrato entre un banco e un cliente polo que o primeiro se compromete a gardar o diñeiro que deposita o segundo, así como a admitir as operacións de ingresos e retiradas que este faga. Todos os meses lle ingresan a nómina na conta corrente. Dar conta de 1 Estar ao cargo de. Dá conta da nena mentres vou ao mercado. SINÓNIMOS ter conta de, ter man de 2 Informar de algo. Non me deu conta do que sucedera ata que llo preguntei. Deron conta de canto alí ocorrera. Darse conta Caer na conta. Non se deu conta de que marchara ata que xa pasara un bo anaco. SINÓNIMOS caer na conta, darse de conta Darse de conta Caer na conta. Tardou en darse de conta do que pasaba. Estar á conta de Ser da conta de. Iso non está á miña conta. Facer a conta Botar a conta. Se fas a conta de todo o que lle levas axudado, non hai cartos que o paguen. Facer de conta Poñerse mentalmente na idea. Fai de conta que non vas cobrar. Máis da conta En exceso. Comeu máis da conta e agora séntese mal. No fin de contas VÉXASE fin Pola conta que me (te, lle...) ten Pola comenencia da persoa de que se trate. Os domingos érguese cedo pola conta que lle ten. Pola miña (túa, súa...) conta Baixo a responsabilidade da persoa que se expresa. Fíxeno pola miña conta, ninguén me mandou. Ser da conta de Ser obriga ou responsabilidade de alguén. Non é da miña conta resolver os teus problemas. SINÓNIMO estar á conta de Ter conta Ter coidado. Tede conta aí, non vaiades esvarar. Ter conta (algo a alguén) Ser do interese ou comenencia. Non lle ten conta vir connosco. Ter conta de 1 Ter collido ou suxeito algo ou alguén de maneira que non caia ou non se mova. Tenme conta dos libros mentres amalloo os zapatos. SINÓNIMOS ter de man, termar 2 Estar ou quedar ao cargo de. Ten conta do neno. SINÓNIMOS dar conta de, ter man de Ter en conta Ter en consideración. Ten en conta o que che dixen.
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: