Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
auga Para todas as acepcións Forma menos recomendable: agua substantivo feminino1 Líquido do que están compostos os mares, lagos e ríos, incoloro en pequenas cantidades, inodoro e insípido. Auga da fonte. O río é unha corrente de auga. O mar é unha masa de auga salgada.2 Líquido que cae das nubes en forma de pingas. Dan auga para mañá. SINÓNIMOS choiva, chuvia3 Cada unha das partes dun tellado que verte as augas en distintas direccións. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción utilízase normalmente en plural Unha casa con catro augas. SINÓNIMO vertente4 por extensión Líquido do organismo semellante á auga. Despois de tantos anos sen se veren, enchéronselle os ollos de auga. Picou a bocha para quitarlle a auga.5 Líquido que conteñen os vexetais. Gústanme estas peras porque teñen moita auga.6 Bebida ou outra substancia que se obtén por disolución, infusión ou emulsión de plantas, flores ou outros órganos vexetais. Auga de limón. Auga de rosas. substantivo feminino plural7 Augas que debido aos seus constituíntes, posúen propiedades de curación. Tomar as augas.8 por extensión Lugar ou establecemento onde se poden beber estas augas ou bañarse un nelas. Todos os anos vai ás augas a Caldas de Reis. SINÓNIMOS balneario, baños, termas9 Brillos cambiantes en forma de ondas que fan algunhas teas, pedras preciosas etc. O vestido facía augas.10 Medicina Líquido amniótico. A urina que produce o feto forma parte das augas. FRASES E EXPRESIÓNS CON auga Afogar nun vaso de auga Preocuparse unha persoa por cousas que non son tan graves como se pensan. Hai cousas que non lle podo contar porque afoga nun vaso de auga. Auga bendita A que foi bendicida por un sacerdote e se usa, entre outras cousas, para administrar o bautismo. A pía de auga bendita. SINÓNIMO auga bieita Auga bieita Auga bendita. Trouxeron a auga bieita do río Xordán. Auga branda A que contén pouca cantidade de sales cálcicos e magnésicos en disolución. A auga branda é apta para beber e forma abundante escuma co xabón. Auga de colonia VÉXASE colonia2 Auga de neve Chuvia miúda mesturada con neve tamén miúda. Abrígate ben que está caendo auga de neve. Auga doce A que contén pouca cantidade de sal en disolución e pode servir para beber. O barbo é un peixe de auga doce. Auga dura A que contén un exceso de sales cálcicos e magnésicos. A auga dura coce mal os alimentos e fai pouca escuma co xabón. Auga mineral Auga de manancial con substancias minerais disoltas. Bebe dous litros diarios de auga mineral. Auga miúdaOrballo Caía unha auga miúda que nos foi mollando pouco a pouco. Auga osixenada Química Solución acuosa de peróxido de hidróxeno, de fórmula H2O2, que se emprega como oxidante, antiséptico e descolorante. Fíxolle as curas con auga osixenada e alcohol. Auga pasada Asunto que xa non ten interese. Para que che vou contar iso, que é auga pasada. Auga pesada Líquido semellante á auga, no que o átomo e hidróxeno se substituíu por deuterio. Nos reactores nucleares utilizan auga pesada. Auga potable A que é apta para a súa consumición. A auga desta fonte pódese beber, é auga potable. Auga salgada A auga do mar, que se caracteriza por ter moito sal e non ser apta para beber. Algúns peixes son de auga salgada e doce. Augas fecais Augas procedentes dos retretes das vivendas. As augas fecais ían para o mar. Augas maiores O excremento humano. Empezou a doerlle a barriga e tivo que ir facer augas maiores detrás dunha toxeira. Augas menores Os ouriños. Co medo fixo augas menores polo pantalón. Augas mortas Auga que está estancada. Flotaba nas augas mortas do estanque. Augas residuais As procedentes das vivendas e que arrastran os residuos destas. Depuradora de augas residuais. Augas territoriais Zona de mar próxima ás costas dun país, sobre a cal este ten dereitos recoñecidos internacionalmente. Apresáronos pescando en augas territoriais irlandesas. SINÓNIMO augas xurisdicionais Augas xurisdicionais Augas territoriais. Pescaban en augas xurisdicionais canadenses. Botar un xerro de auga fría VÉXASE xerro Claro coma a auga Moi claro, evidente. Todos sabiamos quen fora, estaba claro coma a auga. Coa auga ao pescozo Con moitas dificultades. Estaba coa auga ao pescozo, non daba pagado as débedas. SINÓNIMO coa corda ao pescozo Como auga de maioOportunamente Estes cartiños véñenme como auga de maio. Facer auga Entrar auga nunha embarcación por algún orificio. Cando o barco fixo auga, os mariñeiros botáronse ao mar. Facerse auga na boca Virse a auga á boca. Sabía que non debía comer chourizo pero cando o vía facíaselle auga na boca. Marca de auga VÉXASE marca Quedar en auga de bacallau Non ter importancia. Ao final a discusión quedou en auga de bacallau. SINÓNIMO quedar en auga de castañas Quedar en auga de castañas Quedar en auga de bacallau. Esquece o asunto, que vai quedar en auga de castañas. Romper augas Expulsar o líquido amniótico contido na bolsa que recobre o feto cando se vai producir o parto. Rompeu augas e só tardou catro horas en parir. Traxe de augas VÉXASE traxe Tromba de auga VÉXASE tromba Verter augasMexar Heino facer verter augas coa risa. Virse a auga á boca Desexar algo vivamente, especialmente cando se trata de cousas de comer. Vendo eses pasteis vénseme a auga á boca. SINÓNIMO facerse auga na boca
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: