A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
marcasubstantivo feminino1 Acción de marcar. Aínda non tivo lugar a marca das reses.2 Debuxo, letra, trazo ou calquera outra cousa que se pon ou fai sobre un obxecto ou que se deixa nun lugar, para recoñecelo e distinguilo doutros. Ponlles unha marca ás túas cousas para non perdelas.SINÓNIMO sinalCONFRÓNTESE distintivo Fixeron unhas marcas no chan para indicar que alí remataba a carreira.SINÓNIMO sinal3 Aquilo que permite distinguir algo, que fai saber ou recoñecer algunha cousa. As árbores servían de marca para localizar o sitio.SINÓNIMO sinal4 Debuxo ou nome con que unha empresa comercial distingue os seus produtos. Marca de fábrica. Unha marca de coches. Unha marca pouco coñecida.5 Trazo ou conxunto de trazos deixados por algo ou alguén no lugar sobre o que estivo. Deixou no po as marcas dos pasos.SINÓNIMO pegada Levou un golpe e quedoulle a marca.SINÓNIMO sinalCONFRÓNTESE cicatriz6figurado Aquilo que queda de algo que exerceu moita influencia. A tristeza é a marca que deixou nela unha infancia desgraciada.SINÓNIMOS pegada, sinal7 Resultado, nivel etc., en especial deportivo, conseguido e confirmado cunha medición. Superou a mellor marca do mundo de cen metros lisos. Neste congreso a marca de participación e a de asistencia de público foi superior á da edición anterior.CONFRÓNTESE récord8Historia Provincia ou territorio fronteirizo. As marcas do Imperio Carolinxio.substantivo feminino plural9Deporte Lugar ao que se lle pon algún sinal e no que deben estar situados os que participan nunha competición no momento de comezar esta. Os corredores xa están nas súas marcas e o xuíz pode dar o sinal de saída. FRASES E EXPRESIÓNS CON marca De marca De empresa comercial coñecida e con prestixio, e que normalmente é excelente en calidade. Viste con roupa de marca. Marca branca Marca pertencente a unha cadea de distribución, para comercializar a prezos reducidos produtos que poden ser de calidade máis baixa ca os das marcas recoñecidas. Aforrar en custos de publicidade permite abaratar os prezos das marcas brancas. Orixinariamente os envases dos produtos de marca branca eran desta cor. Marca de auga 1 Sinal ou debuxo feito no papel ao fabricalo, e que se percibe ao miralo a contraluz. A marca de auga no folio representaba un animal mitolóxico.SINÓNIMO filigrana 2Informática Marca feita sobre un obxecto dixital (imaxe, vídeo, software etc.), que pode ser perceptible a simple vista ou non, como sinal de identificación da persoa ou entidade que posúe os dereitos de propiedade intelectual. As imaxes que proxectou na presentación levaban a marca de auga do seu autor. Marca rexistrada Marca recoñecida legalmente para identificar de maneira exclusiva un ou varios produtos comerciais ou servizos. A condición de marca rexistrada adoita representarse coas abreviaturas ®, M.R. ou ™.
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo:
O dicionario na túa web
Integra o dicionario da RAG na túa web premendo aquí.