Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Giuseppe Tavani
Roma


Giuseppe Tavani

Giuseppe Tavani é filólogo, catedrático de Filoloxía Románica e profesor emérito da Universidade de Roma "La Sapienza".
O seu obxecto de estudo céntrase fundamentalmente na poesía lírica galego-portuguesa e na poesía lírica e narrativa provenzal, catalá e francesa.

É doutor Honoris Causa das Universidades de Santiago de Compostela, Barcelona e Lisboa, socio correspondente do Institut D'Estudis Catalans e da Academia das Ciencias de Lisboa, director das coleccións filolóxicas “Romanica Vulgaris” e “Quaderni di romanica vulgaria”, e membro do comité de redacción de numerosas revistas especializadas europeas e americanas. A súa produción científica comprende máis de trescentos títulos, entre libros, traducións, artigos, notas, introducións, voces enciclopédicas, recensións e novas bibliográficas, estendéndose por todos os sectores da filoloxía románica.

Para a cultura galega é indispensable a súa contribución ao estudo da nosa lírica medieval, tanto as edicións críticas coma os estudos sobre a métrica ou as interpretacións de conxunto de toda a lírica. Salientan o monumental Repertorio métrico della lirica galego-portoghese e mais o Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa
Obtivo numerosos premios entre os que destacan o Premio da Crítica Galicia, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao e o Premio Internacional Ramón Llull.
Unha provenza hispánica: a Galicia medieval, forxa da poesía lírica peninsular é o título do seu discurso de ingreso, que tivo resposta do académico Ramón Lorenzo Vázquez.

Nesta ligazón podes descargar o seu discurso de ingreso, Unha provenza hispánica: a Galicia medieval, forxa da poesía lírica peninsular. A Coruña: RAG, 2004. 


Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar