Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Antón Luís Santamarina Fernández
A Fonsagrada, Lugo, 18/02/1942


24/10/1998


Ramón Piñeiro López, Mariño Dónega Rozas e Carlos Casares Mouriño


A linguaxe e as linguas: Ramón Piñeiro revisitado ós 30 anos do seu ingreso na Real Academia Galega




Xesús Alonso Montero


Antón Luís Santamarina Fernández (24/10/1998 - )
Xesús Taboada Chivite (20/11/1965 - 27/11/1976)
Vicente Martínez-Risco y Agüero (23/02/1929 - 30/04/1963)
Francisco Tettamancy y Gastón (04/09/1905 - 15/05/1921)


Datos persoais

Nome: Antón-Luís Santamarina Fernández.

Natural de: San Martín de Suarna, A Fonsagrada, Lugo.

Data de Nacemento: 18.2.1942.

Domicilio: Santiago de Compostela.

Estudos de Bacharelato: Instituto Masculino de Lugo (1957-1961)

Estudos Universitarios: Facultade de Filosofía e Letras, Universidade de Santiago (1961-1966)

Grao de Licenciatura: Vocabulario del Valle del Suarna (1967)

Doutoramento: El verbo gallego (1974)

Carreira docente na Universidade

Adxunto Interino (1-10-67) en Santiago

Adxunto (1-8-75) en Santiago

Agregado (28-6-78) en Granada e (30-9-78) en Santiago

Catedrático (24-3-83) en Cádiz e (27-9-83) en Santiago

 

Cargos académicos

Secretario de Verba desde o número 1 ao 13 (1974-1986)

Director de Verba desde 2010 a 2012

Secretario da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia desde 1979

Académico Numerario da Real Academia Galega desde o 24-10-1998

Vicepresidente do Consello da Cultura Galega desde 1992 a 1997

Secretario do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago desde 1976 ata 1991

Director en funcións do Instituto da Lingua Galega desde 1991. Director desde 1993 a 2004.

 

Investigación

Ten traballos só ou en colaboración en diferentes campos da lingüística e etnografía galegas:

a) Didáctica:Participou na redacción dos manuais Galego 1 (1971), Galego 2 (1972) eGalego 3 (1974)

b) Gramática: Estudos sobre a gheada, o verbo, o adverbio e as conxunciónsque  e ca.

c) Planificación do corpus:Participou na elaboración da normativa ortográfica e morfolóxica segundo as propostas do ILG (Bases 1977) e ILG-RAG (Normas 1982 revisadas en 1995 e 2003). Colaborou con M. González nas escollas léxicas para unVocabulario ortografico da lingua galega (VOLGA) e redactou en solitario (en 2003) os criterios en que se baseou esta obra. Ten varios traballos teóricos sobre o asunto da normativa, entre eles o titulado “Norma e estándar” no Lexicon der Romanistischen Linguistik, vol. VI, 2 (1994). Interesouse igualmente polo incorporación das chamadas falas exteriores ao modelo literario galego.

d) A situación social da lingua:Este foi o tema do seu discurso de ingreso na Academia: A linguaxe e as linguas. Ramón Piñeiro revisitado ós 30 anos do seu ingreso na Real Academia Galega (1998). Sobre este tópico participou con colaboracións en simposios ou libros colectivos. Entre eles ten traballos (con F. Fernández Rei) sobre "Dynamisme économique et identité en Galice" (1992), (con H. Monteagudo) “Galician and Castilian in contact: Historical, social and linguistic aspects" (1993); ou, en solitario: “Galician” na Wieser Enzyklopädie der Sprachen des europäischen Westens (2008). No dominio románico é coordinador (con F. Fernández Rei) dun volume de Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas (1999).

e) Dialectoloxía.É codirector con C. García do Atlas lingüístico galego (varios volumes publicados e outros de próxima aparición). E tamén autor de traballos individuais (como foron a súa memoria de Licenciatura e a tese de Doutoramento, xa citadas) ou "Dialectoloxía galega: historia e resultados" publicado nas actas do Coloquio de Tréveris (1982).

f) Historiografía da lingüística galega:Desde o seu “Estado e tarefas da lingüística galega”, no XVIII Congreso de Lingüística Románica de 1986, foron varios os traballos que dedicou á evolución dos estudos gramaticais ou lexicográficos en xeral ou a figuras individuais neste campo (Sarmiento, Francisco Javier Rodíguez, Eladio Rodríguez). O último (2009) e a edición e comentario do “Informe de Ramón Piñeiro á Real Academia Galega [1962]” aparecido no Boletín da Real Academia Galega.

g) Lexicografía.Neste apartado interveu (con F. García Gondar) en rescatar e preparaer a edición do valioso Vocabulario de San Jorxe de Piquín (1977), texto inédito de A. Otero; é tamén editor (en solitario) da edición de Pr’o catálogo da léngoa galega, un discurso de Risco do ano 1926 que é un programa para a recolleita de material lexicográfico. Os dous traballos de máis longo respiro foron a edición do Diccionario de diccionarios no que se recollen en formato electrónico todos os diccionarios históricos galegos, desde Sarmiento ata Elixio Rivas; publicouse primeiro en CD e agora disponible en liña con varias obras engadidas; e a preparación dun corpus lingüístico (TILG = Tesouro Informatizado da Lingua Galega) que contén o baleirado de máis de 1700 obras cun total de 34 millóns de rexistros; é consultable tamén en liña. Na actualidade está colaborando na redacción do diccionario académico coa axuda deste corpus. É igualmente autor dun primeiro esbozo duns “canones lexicographici” para a redación dun diccionario histórico galego: “Os dicionarios históricos. Trazos dun dicionario histórico galego e consideracións sobre a súa viabilidade”,

h) Etimoloxía: Ten feito algunha incursion neste territorio como foron, entre outras,  as “anotacións etimolóxicas” á Flora e fauna marítimas de Ríos Panisse; ou á representación do galego no DCEEH de Corominas/Pascual.

i) Onomástica: Á parte da súa participación na Comisión de Toponimia que revisou o Nomenclátor de Galicia ten feito traballos individuais sobre o efecto do contacto de linguas na toponimia de Galicia e tamén sobre topónimos galegos dun grupo temático (a pegada relixiosa) ou dun grupo léxico (cova). Foi autor do discurso inaugural, “A Journey through Galician Onomastics”, na XX Onomastic Sciences International Conference (1999) incluído nas actas correspondentes a traducido para a Trabe de Ouro 62.

l) Etnografía.Desde 1982 a 1995 colaborou con Dorothé Schubarth na recolleita e organización do Cancioneiro popular galego, 7 volumes, máis outros 3, de pequeno formato de carácter divulgativo.

m) Organización de congresos e editor de actas:Ten participado en solitario ou con outros na organización de diferentes congresos e na edición das súas actas.

n) Teses. É director de 11 teses.

 

Outros

Conferenciante en varias universidades de Europa e América. Tradutor do Pinocchio(Premio Nacional de Tradución 1988).



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar