Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Darío Xohán Cabana Yanes
Roás, Lugo, 19/04/1952


22/04/2006


Francisco Fernández Rei, Ramón Lorenzo Vázquez e Antón Santamarina Fernández


De Manuel María a Ferrín: a grande xeración




Xosé Luís Méndez Ferrín


Darío Xohán Cabana Yanes (22/04/2006 - )
Manuel María Fernández Teixeiro (15/02/2003 - 08/09/2004)
Marino Dónega Rozas (03/11/1973 - 01/04/2001)
José Espinosa Rodríguez (18/10/1952 - 13/12/1966)
Francisca Herrera Garrido (04/03/1945 - 05/11/1950)
Lisardo Rodríguez Barreiro (22/04/1939 - 14/05/1943)
Florencio Vaamonde Lores (04/09/1905 - 19/10/1925)


Naceu en Roás, na Terra Chá luguesa, en 1952, fillo de labradores pobres. Estudou o bacharelato en Lugo. Entre 1971 e 1975 traballou nas Edicións Castrelos de Vigo, con Xosé María Álvarez Blázquez. Foi liberado da Central Sindical nacionalista, e máis tarde garda municipal en Corcubión. En 1986 volveu para Lugo, como funcionario deste Concello, no que actualmente traballa como Coordinador de Publicacións. Colabora en La Voz de Galicia cun crucigrama diario desde hai vinte anos, e é membro do Consello de Redacción da revista de pensamento A trabe de ouro. É casado, ten dous fillos xa maiores, e vive na parroquia de Romeán. Á morte de Manuel María, que fora o seu guieiro literario e o seu primeiro editor, foi elixido para ocupar a súa cadeira na Academia Galega.

En 1970 publicou o seu primeiro libro de poemas, Home e terra. No ano 2003 saíu do prelo un groso volume, Vinte cadernos, que recolle todos os libros de poesía que publicara ata a data. En 1989 gañou o premio Xerais con Galván en Saor, unha das novelas galegas máis vendidas, que vai xa na edición número 16; posteriormente publicou, no xénero narrativo,Vidas senlleirasO cervo na torreMorte de rei e Mitos e memorias. Algúns dos seus relatos foron publicados en coleccións específicas para rapaces.

É tamén tradutor, especialmente de poesía, e publicou, entre outras, versións do Cancioneiro de Petrarca e d'A divina comedia de Dante; por esta última foille concedida a Medalla de Ouro de Florencia.

Bibliografía:

Poesía
Verbas a un irmao
Home e terra
Romanceiro da Terra Chá
Mortos porque Galicia viva
Elexía nunha escuridade mortal
Ábrelle a porta ó día
A fraga amurallada
Cantigas de amor vilao
VIII fragmentos
Amor e tempo liso

Patria do mar
Recolleita
Canta de cerca a morte
Vinte cadernos (poemas 1969-2002)
Cabalgada na brétema

Narrativa
Noticias dunha aldea
O libro dos moradores
Galván en Saor
Fortunato de Trasmundi
Cándido Branco e o Cabaleiro Negro
Vidas senlleiras
O cervo na torre
Morte de rei
Cerco de ferro
Mitos e memorias
(inclúe o anterior)

Literatura infantil 
Cinco lendas
Chirlo Merlo na figueira
Chuco Cacho
As aventuras de Breogán Folgueira
O avión de Cangas
O castrón de ouro
As viaxes do príncipe azul
O milagre das estrelas
Inés e a cadela sabia
Dende o Himalaia a Ceilán

Non creación
Guía da provincia de Lugo (con Alexandra Cabana Outeiro)
Monterroso na Ulloa (con Alexandra Cabana Outeiro)
A chegada a Lugo do primeiro tren

Traducións principais
Cancioneiro de Petrarca
A divina comedia
(Dante)
Vida nova (Dante)
Os tres mosqueteiros (Dumas)
Antoloxía do Doce Estilo Novo



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 14 de decembro de 2017 / 20:00 h
'Eduardo Pondal, poeta na Coruña', conferencia de Manuel Ferreiro
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar