Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Francisco Ponte y Blanco
A Coruña, 08/07/1853


23/09/1921


Francisco Tettamancy y Gastón, Florencio Vaamonde Lores e Uxío Carré Aldao


Breves consideraciones acerca del arte y de los estilos, a través de las civilizaciones




Manuel Amor Meilán


Margarita Ledo Andión (07/02/2009 - )
Miguel Anxo Araúxo Iglesias (30/05/1980 - 22/07/2007)
Ramón Otero Pedrayo (09/12/1929 - 10/04/1976)
Francisco Ponte y Blanco (23/09/1921 - 20/07/1926)
José Pérez Ballesteros (04/09/1905 - 30/10/1918)


Presidente (31/03/1924 - 23/08/1926)
Tesoureiro (12/05/1923 - 31/03/1924)


Víctor Fernández Freixanes (28/03/2017 - Actualidade)
Xesús Alonso Montero (20/04/2013 - 17/03/2017)
Xosé Luís Méndez Ferrín (23/01/2010 - 13/03/2013)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (20/12/2001 - 22/01/2010)
Francisco Fernández del Riego (29/11/1997 - 29/11/2001)
Domingo García-Sabell Rivas (06/11/1977 - 29/06/1997)
Sebastián Martínez-Risco y Macías (09/10/1960 - 24/09/1977)
Manuel Casás Fernández (15/10/1944 - 30/07/1960)
Eladio Rodríguez González (19/06/1944 - 15/10/1944)
Manuel Casás Fernández (13/12/1942 - 19/06/1944)
Manuel Lugrís Freire (28/04/1934 - 20/08/1935)
Eladio Rodríguez González (20/11/1926 - 04/03/1934)
Francisco Ponte y Blanco (31/03/1924 - 23/08/1926)
Andrés Martínez Salazar (12/05/1923 - 06/10/1923)
Manuel Martínez Murguía (04/09/1905 - 02/02/1923)

Naceu na Coruña o 8 de xullo de 1853 e morreu na mesma cidade o 22 de xullo de 1926. Foi un enxeñeiro e publicista que desempeñou o cargo de alcalde na cidade da Coruña. Tamén foi membro da Real Academia Galega e o seu presidente.

Durante a súa mocidade, foi un dos socios fundadores do Centro Gallego da Habana, cidade na que residía, e profesor, de maneira altruísta, no mesmo. No seu regreso á Coruña, sendo aínda mozo, ocupou diversos e importantes cargos como a presidencia da Asociación da Prensa, da Sociedade Filarmónica, do Círculo de Artesanos e da Cooperativa Civil e Militar. Asemade, durante un breve período de tempo (do 18 de xaneiro ao 1º de outubro de 1923) desempeñou a alcaldía da cidade como representante do Goberno de García Prieto, previa chegada da ditadura do xeneral Primo de Rivera.

O 23 de setembro de 1921 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Francisco Tettamancy y Gastón, Florencio Vaamonde Lores e Uxío Carré Aldao. Desempeñou o cargo de tesoureiro desde o 12 de xuño de 1923 ata o 31 de marzo de 1924 e o de presidente desde o 31 de marzo de 1924 ata o 23 de agosto de 1926, sucedendo nesta función a Andrés Martínez Salazar.

Ponte Blanco contribuíu tamén á fundación do Patronato de la Caridad e desenvolveu un frutífero labor na Xunta Provincial de Protección da Infancia. Posuía a Cruz de Alfonso XII e da Encomenda de número da Orden Civil del Mérito Agrícola. Trala súa morte, a Sociedad Filarmónica, no seu desexo de perpetuar a memoria do que fora o seu presidente, tomou a iniciativa de crear o premio Francisco Ponte y Blanco dedicado á promoción da cultura musical.

É autor das seguintes publicacións exentas:
Elementos de carreteras y ferrocarriles (construcción y conservación). A Coruña: Imp. Ferrer, 1899.
Tratado práctico de estereotomía. Aplicaciones al corte de piedras, maderas y hierros. A Coruña: García Ybarra, 1904.
De La Coruña a París. Impresiones de un viaje. A Coruña: Imp. García Ybarra, 1910.
A través de España. Ligeras impresiones: recuerdos de un viaje por tierras solares. A Coruña, 1917.
Discursos leídos con motivo de la recepción del Numerario electo D. Francisco Ponte y Blanco: acto celebrado en la noche del 23 de septiembre de 1921. A Coruña: Real Academia Galega, 1921. Discurso de ingreso na Real Academia Galega.



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 14 de decembro de 2017 / 20:00 h
'Eduardo Pondal, poeta na Coruña', conferencia de Manuel Ferreiro

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar