Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Evaristo Martelo Paumán del Nero
A Coruña, 25/04/1853


16/06/1921


Manuel Martínez Murguía, Florencio Vaamonde Lores e Francisco Tettamancy y Gastón


Pondal e a súa obra




Uxío Carré Aldao


Rosario Álvarez Blanco (06/06/2003 - )
Jenaro Marinhas del Valhe (25/02/1978 - 01/07/1990)
Antonio Iglesias Vilarelle (29/12/1951 - 11/05/1971)
Alejandro Barreiro Noya (12/03/1936 - 22/11/1948)
Evaristo Martelo Paumán del Nero (16/06/1921 - 31/03/1928)
Eduardo Pondal Abente (04/09/1905 - 08/03/1917)


Naceu na Coruña o 25 de abril de 1853 e morreu na mesma cidade o 31 de marzo de 1928. Foi un recoñecido avogado e poeta do Rexurdimento.

Fillo de Ramón Martelo Núñez de Leis e Dolores Paumán Zuazo de Andrade, era descendente do poeta e almirante Pai Gómez Chariño. Ademais, ostentou os títulos de Marqués de Almeiras e Vizconde de Andeiro. Comezou a carreira de mariño en Ferrol, pero, posteriormente, abandonouna para cursar estudos de Dereito en Santiago de Compostela. A súa vida transcorreu entre A Coruña e as súas diversas propiedades: a Casa do Arco, en Laxe; o pazo dos Andeiro, en Rianxo; o castelo de Vimianzo e o pazo de Ombre.

Na súa cidade natal, participou do faladoiro da Cova Céltica, onde trabou amizade con Eduardo Pondal. Coma o bardo de Bergantiños, exerceu de fidalgo idealista e desenvolveu os seus poemas no céltico mundo de Ossián. No entanto, o imaxinario de Martelo Paumán era fundamentalmente medieval: torres, castelos e armaduras daban corpo aos seus poemas. Este ideal viril e heroico adoita relacionarse coa súa militancia no tradicionalismo carlista, se ben esta filiación non lle impediu exercer un patriotismo galego, sobre todo na defensa da lingua. O 16 de xuño de 1921, ingresou na Real Academia Galega cun discurso titulado “Pondal e a sua obra”, que foi respondido por Uxío Carré Aldao.

Na súa produción literaria abundan os poemas de ton patriótico, viril e nobre. Ao mesmo tempo, a preocupación filolóxica é unha constante, manifestando rexeitamento cara aos ruralismos e dialectalismos. A súa obra literaria, non moi extensa, encóntrase espallada en Revista Gallega ou no suplemento Terra a Nosa!, se ben foi case case integramente recollida en Líricas Gallegas. Neste volume encóntranse obras como Os afillados do demo ou A noite de San Silvestre, que, xunto coa inédita As toupas do Pindo, forman un conxunto caracterizado polo ton satírico e a defensa da lingua galega.      

Obra literaria máis destacada
Líricas Gallegas. A Coruña: Imp. de Viuda de Ferrer e Hijo, 1894.
Landras e bayas. A Coruña: Tip. El Noroeste, 1919.
Andeiro: Poema histórico brigantino da Unión Ibérica (século XIV). Cruña: Imp. de Zincke Hermanos, 1922.

Obra xurídica
El laudemio: su legislación y jurisprudencia hasta el año 1898. Con un preliminar histórico y algunas observaciones acerca de los foros. A Coruña: Tip. El Noroeste, 1899.
Manual de los consejos de agricultura, industria y comercio: Consejo Superior, Comisario regio, Consejos provinciales, su organización, reglamentos y disposiciones desde su creación. A Coruña. Tip. El Noroeste, 1900. 



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar