90 anos do noso manifesto máis célebre

O manifesto ¡Mais alá!, asinado polo poeta Manuel Antonio e o debuxante Álvaro Cebreiro, reivindicaba liberdade para a literatura ao tempo que se comprometía co pobo e coa lingua de Galicia.
Primeira e última imaxes do manifesto editado en formato despregable
Primeira e última páxina do manifesto editado en formato despregable. Imaxe cedida pola Fundación Barrié


O manifesto ¡Mais alá! saíu do prelo o 28 de xuño de 1922 e, aínda que segue as receitas comúns deste xénero caracterizador das vangardas –acusación precisa e insulto ben definido-, marca os degoxos renovadores de Manuel Antonio debuxando unhas nidias fronteiras estéticas e mesmo políticas.

Manuel Antonio nun retrato do seu curmán Xosé Pérez
Manuel Antonio nun retrato do seu curmán
Xosé Pérez. Imaxe do convite ao acto inaugural
da Casa Museo Manuel Antonio, en Rianxo

Con este texto, o poeta rianxeiro accedeu á existencia literaria e creou unhas condicións propicias para a súa visibilidade intelectual. Unha visibilidade que se fundamenta nun compromiso co seu pobo, coa súa Terra e coa súa lingua e nun reto estético que o obriga a ir máis alá dos espazos habitados, a conquistar novos horizontes.

Semella que o seu libro de poemas De catro a catro (1928) é a herdanza que nos lega en cumprimento da promesa que recollen as últimas palabras do manifesto:

"Compre romper a marcha pol-a mesma estrada que fagamos c´os nosos pasos e afrontar en ela unha peligrinaxe sin chegada, porque en cada relanzo d´o camiño agarda-nos unha voz que nos berra: Mais alá!"

Pódese descargar aquí a primeira páxina do documento manuscrito. A Fundación Barrié custodia hoxe a versión manuscrita do manifesto e a súa edición orixinal. Con xenerosidade cedeu as imaxes do manifesto que reproducimos.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 12 de decembro de 2018 / 16:00 h
Santiago: Lembrando a Samuel Eiján. A poesía relixiosa galega
Mércores 12 de decembro de 2018 / 18:00 h
Ponteceso - Fundación Eduardo Pondal: Charla da campaña 'Toponimízate'
Xoves 13 de decembro de 2018 / 19:30 h
Muros - Aula Cemit: Charla da campaña 'Toponimízate'
Venres 14 de decembro de 2018 / 12:00 h
Xinzo de Limia - IES Lagoa de Antela: Charla da campaña 'Toponimízate'
Mércores 19 de decembro de 2018 / 10:00 h
Ribadumia - CPI Julia Becerra Malvar: Charla de 'Toponimízate'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar