Décimo cabodano de Francisco Taxes

O 22 de febreiro de 2003 era soterrado na súa aldea paterna de Cereixo, Vimianzo, o dramaturgo Francisco Taxes (1940-2003).
Francisco Taxes
Francisco Taxes durante a homenaxe no Pub Dublin


En palabras do académico Manuel Rivas, Francisco Taxes foi "un escritor maldito nunha cultura tanto tempo maldita". A representación pola compañía Troula da súa obra O velorio, escrita en 1971, na VI Mostra de Teatro de Ribadavia celebrada en 1978, supuxo, en palabras do fundador de Abrente, Rubén Garcia, "un revulsivo no panorama teatral de aqueles anos". (López Silva e Vilavedra, 2002). A montaxe desta obra, definida polo propio Rivas como "unha obra maxistral, entroido vangardista, contracultura, subversión etnográfica, vinganza dionisíaca", acadaría un grande éxito de crítica e público en España e Portugal.

O 26 de xullo de 1999 celebrábase, no Pub Dublin da Coruña, unha homenaxe a Francisco Taxes durante a cal se representou o sainete da súa autoría Casta i Albito. Ademais da posta en escena desta obra, a homenaxe a Taxes incluía tamén unha edición especial da revista Follas do Dublin, na que atopamos un retrato que Vidal Bolaño fai do seu amigo e colega no que se poden ler estas palabras: "A súa personalidade e a súa biografía teñen os perfís xustos para ser habitadas polo mito. Noutras latitudes, o seu sería o perfil que lle inventarían a outro para ver de lle dar apresto de maldito". O artigo completo pódese descargar aquí.

Todos estes documentos proceden da doazón feita á Academia pola familia de Francisco Taxes.

Manuel Rivas
Manuel Rivas durante a homenaxe a Taxes

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 27 de maio de 2019 / 18:00 h
Entrega dos premios do II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Novas da Academia

Subscríbete