-
A Lingua
Real Academia Galega
- A institución
- Letras galegas
-
Comunicación
-
Dicionarios
Fotogalería DLG
Baixo a presidencia de Del Riego celebráronse catro edicións do Día das Letras Galegas. A primeira delas, en 1998, foi a dedicada aos Trobadores da ría de Vigo: Martín Codax, Meendinho e Johán de Cangas. Foi a primeira vez que esta festividade estivo dedicada a máis dun autor. A celebración tivo como escenario a illa de San Simón.
Homenaxe ós tres poetas medievais da ría de Vigo (1998). Real Academia Galega
Imaxe aérea da ría de Vigo e a illa de San Simón. Concello de Redondela.
A edición de 1999 estivo dedicada a Roberto Blanco Torres: poeta e xornalista, comprometido co galeguismo e coa renovación literaria. Houbo, entre outros actos, unha ofrenda floral diante do seu busto en Cuntis.
Actos do día das Letras Galegas de 1999. Real Academia Galega. Arquivo
O Día das Letras Galegas dedicado a Manuel Murguía, primeiro presidente da RAG e figura fundamental do Rexurdimento, tivo lugar no ano 2000 no Paraninfo da Universidade da Coruña e completouse cunha ofrenda floral en Oseiro. No recuperado Boletín da Real Academia Galega dese ano recóllense os artigos redactados para esa ocasión.
Plenario das Letras Galegas de 2000. Real Academia Galega. Arquivo
O lexicógrafo ourensán, Eladio Rodríguez González, poeta e cuarto presidente da Academia foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas do ano 2001. O acto central da homenaxe celebrouse no mosteiro de San Clodio, en Leiro, e os ensaios redactados na súa honra foron publicados no Boletín nº 362.
O propio Francisco Fernández del Riego foi o protagonista do Día das Letras Galegas de 2023, que tivo entre os seus principais escenarios Vilanova de Lourenzá, localidade natal do homenaxeado. Durante a sesión tomaron a palabra membros da Academia como Margarita Ledo, Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Xesús Alonso Montero. As súas intervencións están recollidas no Boletín nº 384.


