Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
ter verbo transitivo1 Estar en posesión de, ser dono de [certa cousa]. Ten unha casa na vila e outra na cidade. Disque ten unha gran fortuna. SINÓNIMO posuír2 Estar alguén ou algo en posesión de [determinada calidade]. Ten os ollos verdes. Non imaxinaba que tivese tanta forza.3 Poder facer uso ou valerse de [algo ou alguén]. Non teño tempo para ler. Non teño quen me axude. ANTÓNIMO carecer CONFRÓNTESE contar, dispoñer, dispor4 Experimentar [unha sensación que se expresa]. Teño frío. O rapaz ten febre. Tivo un presentimento.5 Experimentar ou manifestar [un certo sentimento] por algo ou alguén. Tenlle moito respecto a seus pais. Tenlle un odio irracional. CONFRÓNTESE sentir6 Dar existencia a [algo ou alguén]. Tiveches unha boa idea. Quería unha nena pero tivo un fillo.7 Estar en posesión dunha relación, especialmente de parentesco con [outra persoa]. Ten cinco fillos. Non ten pais, é orfo. Tes moitos amigos.8 Realizar alguén [determinada acción] para adquirir coñecementos, habilidades etc. Ten clases de música todos os mércores.9 Manter en determinada posición, estado ou lugar. As plantas hai que telas en sitios onde lle dea o sol. Teño o sombreiro na man. O gando témolo na corte. Ten os fillos na aldea.10 Impedir que caia, se solte etc. [algo ou alguén]. Tenme un momento o bolso mentres miro na axenda. SINÓNIMOS aguantar, soster, suxeitar CONFRÓNTESE termar11(ter por) Considerar, xulgar. Tíñano por un excelente avogado.12 Concibir ou adoptar [unha idea, opinión etc.]. A diferenza de idade fai que teñan opinións diferentes sobre o tema.13 Levar no seu interior. Tentou o garrafón para ver se aínda tiña viño. SINÓNIMO conter14 Comprender na súa masa ou extensión, ou incluír entre os seus constituíntes. Este caldo ten pouca verdura. CONFRÓNTESE levar Esta rexión ten os ríos máis caudalosos do país.15 Recibir [unha persoa] na casa. No Nadal os avós teñen na casa a toda a familia.16 Estar formado ou composto por. Cantos capítulos ten a novela? Esta banda ten os dous mellores gaiteiros do país.17 Dar probas de. Ten unha saúde delicada. CONFRÓNTESE gozar Ten moi mal xenio. CONFRÓNTESE manifestar Tiveches moita sorte.18 Estar dotado de. A piscina ten dez metros de longo. O piso ten dúas habitacións, a sala e a cociña.19 Ser o depositario de, ser digno ou merecedor de [certa cousa abstracta]. Ten todo o noso afecto. O seu proxecto terá todo o noso apoio.20 Estar doente de, padecer [unha doenza]. Ten algo de catarro. Teño gripe.21 Pasarlle, ocorrerlle [algo] a alguén. -Que tes?, sénteste mal? -Non teño nada.22 Pasar por. Tivemos algúns contratempos no camiño. Nunca tivo dificultades na súa vida. Non tiven ningún momento de dúbida.23 Contar [certo tempo] de existencia. Terá uns setenta anos ou máis. verbo pronominal24(ter por) Considerarse, crerse. Tense por moita cousa. Teste por moi listo.25 propio e figurado [Algo, alguén] manterse en determinada posición ou estado, sen caer, virse abaixo etc. Non se ten de pé coa borracheira. SINÓNIMO aguantarse Esa teoría non se ten. SINÓNIMO sosterse26 Reprimir os impulsos. Tente Xan que te perdes! SINÓNIMOS conterse, dominarse FRASES E EXPRESIÓNS CON ter Non se ter Non poder manterse de pé. Deixa que descanse que non se ten. Non ter nada que facer VÉXASE facer Que máis ten (tiña, terá...)? É o mesmo, é igual, é indiferente. Escolle a que queiras, a min que máis me ten? Que máis terá un ca o outro? Tanto ten (tiña, terá...) É igual, é indiferente, non importa. Tanto che me ten que veñas coma que non. -Cal prefires? -Tanto me ten. Digo eu que tanto terá que vaia eu ou que vaias ti. SINÓNIMOS dar igual, tanto dá (daba, dará…) Ter a ben Considerar oportuno. Cando teñades a ben cumprir o acordado, xa falaremos. Ter algo con (alguén) 1 Ser parente en determinado grao de alguén. Non che sabería dicir se esa familia ten algo cos de Anselmo. 2 Discutir con alguén, enfrontarse a. Tiven algo con el porque acabou poñéndose farruco. Ter (alguén) para si que Dar por seguro, coidar. Eu teño para min que el, querer, non quería volver. Ter a menos (a alguén)Menosprezalo Tal e como nos tratou, ben parece que nos ten a menos. Ter como Ter por. Téñeno como un dos mellores na súa especialidade. Ter conta VÉXASE conta Ter conta (algo a alguén) VÉXASE conta Ter conta de VÉXASE conta Ter de + inf Deber, estar obrigado a realizar o expresado polo infinitivo. Teño de obedecer as súas ordes, non podo facer outra cousa. SINÓNIMO ter que + inf. Ter de man (a alguén) VÉXASE man Ter de ollo (a alguén) VÉXASE ollo Ter en conta VÉXASE conta Ter en moito (algo ou a alguén) Apreciar moito. A túa sogra tente en moito, non si? Ter máis que facer VÉXASE facer Ter man de VÉXASE man Ter man para (algo) VÉXASE man Ter (poñer) os pés na terra VÉXASE terra Ter (poñer) os pés no chan VÉXASE chan Ter + part Expresa unha acción habitual ou que se repite. Téñolle dado moitas voltas na cabeza ao asunto. Ten feito cada unha! OBSERVACIÓNS: Cando o participio concorda en xénero e número co complemento directo, non se trata dunha perífrase e o verbo conserva o seu significado Ten feitos uns doces para a sobremesa. Tiña os ollos chantados nel. Ter por Considerar, xulgar. Aquí témolo por un dos mellores deterxentes do mercado. SINÓNIMO ter como Ter que + inf 1 Ter de + inf. Teño que ir visitalo. Tes que facer o que eu che diga. 2 Ser moi de desexar que ocorra o expresado polo infinitivo. Agora, para ben ser, tiña que chover uns días. /pc/verbos/ter.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: