Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
pé [ɛ] substantivo masculino1 Anatomía Parte final dos membros inferiores que sostén o corpo e se apoia no chan ao andar. Ten os pés demasiado grandes para o pequeno que é. Os dedos dos pés chámanse dedas.2 Zooloxía Parte final das patas dos animais que se corresponde anatomicamente cos pés e as mans das persoas. O can leva un pé vendado.3 Parte dun calcetín, media etc., que cobre o pé. Os calcetíns tiñan o pé reforzado cunha tea de algodón.4 Cousa que constitúe a parte inferior dun obxecto ou base na que se apoia. O pé dunha estatua. SINÓNIMO pedestal Os pés dun armario.5 Parte inferior de algo. Escribir ata o pé da páxina. O pé do palleiro.6 Parte inferior dun monte. Descansamos ao chegar ao pé. SINÓNIMOS aba, faldra, CONFRÓNTESE ladeira7 Parte inferior do talo de plantas ou árbores. Cortar unha árbore polo pé. SINÓNIMO couce8 Planta, en particular a que forma parte dunha plantación. O vento arrincou varios pés de millo.9 Peza do muíño consistente nunha pedra cilíndrica fixa cun furado no medio sobre a que xira a capa ou moa. O pé do muíño é de granito.10 Columna, xeralmente de pedra, que sostén o hórreo e sobre a que vai a capa. Unha cabaceira de sete pés. SINÓNIMO cepa11 Medida de lonxitude utilizada sobre todo en aviación, con distintas equivalencias segundo os países. O avión voaba a 10.000 pés. En España, un pé equivale a uns vinte e oito centímetros.12 Medida do calzado que usa unha persoa. Que pé gastas? SINÓNIMO número13 Texto explicativo, xeralmente breve, que acompaña unha fotografía nun libro, xornal etc. Un dos pés de foto que aparecían na primeira páxina non se correspondía coa imaxe.14 Parte final dun texto ou páxina que non pertence ao seu corpo. Asinou no pé da carta. SINÓNIMO rodapé15 Palabra ou conxunto de palabras finais do parlamento dun actor que serven de sinal para que outro inicie o seu parlamento. Fíxate no pé que che dá para entrar correctamente.16 Métrica Grupo de sílabas que se toman como unidade métrica do verso. O espondeo é un pé da poesía grecolatina.17 Zooloxía Masa muscular ventral dalgúns moluscos que ten como principal función a locomoción. Os caramuxos teñen un pé forte e reptante. substantivo masculino plural18 Parte da cama oposta á cabeceira. Deitouse coa cabeza para os pés. FRASES E EXPRESIÓNS CON pé A catro pés locución adverbialGateando O cativo cruzou o cuarto a catro pés. A pé feito locución adverbial Expresamente, a propósito. Unha viaxe a pé feito ata Sober. Ao pé locución adverbial Ao lado. O estanco? -Aí, ao pé. Ao pé da letraLiteralmente Seguiu as indicacións ao pé da letra. Ao pé de locución preposicional 1 Ao lado de. Estivo día e noite ao pé del. 2 Arredor de. Ten ao pé de vinte metros. Aos catro pés locución adverbial Correndo moito. Baixou as escaleiras aos catro pés. Aos pés de (alguén) locución adverbial Prosternado diante de alguén. Rezaba fervorosamente aos pés da Virxe. A pé locución adverbialAndando Vai a pé ao traballo. Atar de pés e mans Impedir a acción deixar sen capacidade de manobra. Aquel despropósito atou o goberno de pés e mans. Bater cos pés no cu Correr moito. O ladrón batía cos pés no cu escapando da policía. SINÓNIMO dar cos pés no cu Buscarlle os cinco pés ao gato Buscarlle os tres pés ao gato. A cuestión está moi clara e quen non o vexa así é porque lle anda a buscar os cinco pés ao gato. Buscarlle os tres pés ao gato Buscar complicacións innecesarias. Sempre lle está a buscar os tres pés ao gato. SINÓNIMO buscarlle os cinco pés ao gato Caer a alma aos pés VÉXASE alma Caer de pé Ter boa sorte. Caíches de pé, todos suspenderon menos ti. Con bo pé Felizmente, con boa sorte. Comezou o traballo con bo pé. SINÓNIMO co pé dereito Con mal pé Infelizmente, con mala sorte. Empezou a carreira con mal pé, pero ao final conseguiu bos resultados. SINÓNIMO co pé esquerdo Con pés de chumbo VÉXASE chumbo1 Co pé dereito Con bo pé. Comezou o día co pé dereito. Co pé esquerdo Con mal pé. Hoxe erguinme co pé esquerdo. Da cabeza aos pés VÉXASE cabeza Dar cos pés no cu Correr moito. Tiña tanto medo de que o pillase o touro que daba cos pés no cu. SINÓNIMO bater cos pés no cu Dar pé Dar motivo ou ocasión. Nunca lle dá pé para iniciar unha conversa. De a pé locución adxectiva 1 Que non vai en cabalgadura nin en vehículo. Fixo todo o camiño de a pé. 2 Que pertence á xente común sen posición destacada. O discurso estaba dirixido aos cidadáns de a pé. De pé locución adverbial 1 En posición vertical ou erguida apoiándose nos pés. Púxose de pé cando entrou o seu xefe. SINÓNIMO en pé 2 Que xa se levanta e anda despois de estar enfermo. Que como lle vai a Manolo? Moi ben, xa está de pé. SINÓNIMO en pé 3 Levantado da cama. Ás cinco da mañá xa está de pé. SINÓNIMO en pé De pé feito locución adverbial Expresamente, a propósito. Baixou un día de pé feito á cidade para mercar unhas botas. Dos pés á cabeza Totalmente, completamente. Chegou á casa enchoupado dos pés á cabeza. SINÓNIMOS da cabeza aos pés, do fondo á cima En pé locución adverbial De pé. Púxose en pé para saudarme. Ao segundo día da operación, xa estaba en pé. Está en pé desde ben cedo. En pé de guerra Preparado para entrar en guerra en calquera momento. Eses dous países levan anos en pé de guerra. En pé de igualdade Nas mesmas condicións. Trata todos os seus empregados en pé de igualdade. Estar cos pés na cova Estar a piques de morrer por ter pouca saúde ou moitos anos. Xa non se ergue da cama, está cos pés na cova. Facer pé Poder tocar co pé no fondo da auga mantendo a cabeza fóra dela. Ten coidado, que aí xa non se fai pé. Lamber os pés coloquial Loar excesivamente a alguén e andar sempre detrás del para conseguir algún beneficio. Por moito que lle lambas os pés non vas conseguir nada. SINÓNIMO lamber o cu Nacer de pé Ter moi boa sorte. Parece que naciches de pé, sempre che asignan os traballos máis doados. Non dar pé con bóla Equivocarse seguido. Hoxe non dou pé con bóla, todo me sae mal. Non ter (algo) pés nin cabeza Estar tan mal que non se entende. Iso que me contas non ten nin pés nin cabeza. Parar os pés (a alguén) Impedir que vaia máis alá do debido. Pretendía entremeterse no asunto, así que houbo que pararlle os pés. Pé cervún (Phyllitis scolopendrium) Fieito da familia das polipodiáceas, vivaz, con frondes simples, enteiras e lanceoladas e pecíolo curto. As follas do pé cervún estaban cheas de esporas. SINÓNIMOS cerviña, cervúa, herba cervúa, lingua cerviña Pé de altar Emolumentos que se daban aos cregos á parte dos emolumentos ordinarios. Os dereitos de pé de altar xa non teñen vixencia no noso tempo. Pé de amigo Soporte onde se apoia ou afirma algo. Enlazaba coa sobrequilla mediante un pé de amigo. Pé de atleta Medicina Afección cutánea producida nos pés por un fungo. O pé de atleta caracterízase pola aparición de vesículas e fendas nas dedas. Pé de cabra Barra metálica cun dos extremos curvado e fendido, que ten diversos usos. Usaron un pé de cabra para facer panca. Pé de galiñaFumaria O pé de galiña ten propiedades depurativas. Pé de imprenta Indicación da data e lugar de impresión nun texto impreso. O poema publicouse sen pé de imprenta. Pé de paxaro (Polygonum aviculare) Planta herbácea da familia das poligonáceas de ata setenta centímetros de altura, follas alternas e flores rosadas ou abrancazadas. O pé de paxaro florece xeralmente de marzo a outubro. SINÓNIMOS cordela, saíncho, sanguinaria Pé de rei Instrumento formado por unha regra graduada cun tope fixo e unha abrazadeira móbil que se emprega para realizar medicións de gran precisión. Mediu o diámetro exterior da peza cun pé de rei. Pé dereito Cada unha das pezas verticais que postas aos lados dunha porta ou ventá sosteñen o lintel. Os pés dereitos desta porta son pedras dunha soa peza. SINÓNIMOS agulla, macheta, tranqueiro, ucheira, xamba Pé dormente VÉXASE dormente Pé plano Deformidade que se caracteriza pola desaparición da curvatura normal da planta do pé. Leva soletas correctoras porque ten os pés planos. Perder pé Deixar de facer pé. Ao vir a onda, perdeu pé. Polo seu propio pé Camiñando sen axuda de ninguén. Abandonou o hospital polo seu propio pé. Poñer en pé Instalar, facer funcionar ou organizar un negocio ou unha empresa. Puxeron en pé a empresa sen axuda de ninguén. Poñer pé en terra Baixar dun vehículo, navío ou aeronave. Tenlle tanto medo ao coche, que non queda tranquila ata poñer pé en terra. Pór os pés (nun lugar) Ir alí. Desde aquel día non volveu pór os pés na nosa casa. Saber de que pé coxea (alguén) Coñecer ben alguén, especialmente as súas debilidades. Coñézoo dende hai moito tempo, así que xa sei de que pé coxea. Ter ás nos pés VÉXASE á1 Ter os pés de barro Non ter firmeza. O estudo conclúe que a nosa industria ten os pés de barro. Ter (poñer) os pés na terra Ser (volverse) realista. Se non queres levar unha desilusión, é mellor que teñas os pés na terra. SINÓNIMO ter (poñer) os pés no chanVoz actualizada 2024-10-25 10:39:51 Engadíronse as expresións: a pé feito, de pé feito
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: