Mil son eu tan só, tan soa
Simposio Luísa Villalta
19, 20 e 21 de novembro - 17:00 h
Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
número substantivo masculino1 Matemáticas Concepto matemático que indica cantidade. Traballamos con números positivos e negativos.2 Signo ou conxunto de signos que representa este concepto. Escribín o número 3 no caderno. SINÓNIMO cifra1 CONFRÓNTESE díxito3 Un destes signos ou conxunto de signos que se utiliza para caracterizar unha cousa dentro dun conxunto ou para clasificala nunha serie. Vive no número tres. Número de teléfono. Collícheslle o número de matrícula? Creo que teño o número premiado.4Cantidade Un alto número de accidentes.5 Cada unha das edicións dunha publicación periódica. Saíu á rúa o último número da revista.6 Cada unha das partes dun espectáculo. Un número de pallasos.7 Gramática Categoría gramatical que permite expresar a oposición entre o singular e o plural, con marcas morfolóxicas propias, e que afecta os substantivos, pronomes, artigos, adxectivos e verbos. A palabra ‘nenos’ ten número plural.8 Membro sen graduación da Garda Civil ou doutros corpos armados. Un sarxento e tres números.9 Billete de lotería ou rifa coa que se participa nun sorteo. Mercou un número para a lotería de Nadal.10 coloquial Acción que chama a atención por resultar grotesca ou inconveniente. Co número que montou conseguiu que o expulsasen do salón de actos. FRASES E EXPRESIÓNS CON número De número Que pertence de maneira fixa e con plenos dereitos a unha corporación ou entidade. O pleno da Real Academia Galega está composto por trinta membros de número. SINÓNIMO numerario En números redondos En cifras aproximadas, pero non exactas, por expresarse en cantidades completas de certa orde, prescindindo das unidades de ordes inferiores. En números redondos sae a uns cen euros por cabeza. En números vermellos Con saldo negativo na conta bancaria. Está en números vermellos. Facer números 1 Facer cálculos para ver as posibilidades dun negocio ou dun asunto. Teño que facer números antes de tomar unha decisión. 2 Valerse de toda a habilidade, de todo o enxeño e de toda a astucia posible para conseguir algo. Tiven que facer números para conseguir as entradas. Número abstracto Matemáticas Número que non se refire a cousas ou magnitudes determinadas. Se falamos de 5 sen máis, utilizámolo como número abstracto. Número alxébrico Matemáticas Número que é a solución dun polinomio de coeficientes racionais. A suma de números alxébricos dá como resultado outro número alxébrico. Número arábigo Calquera dos números da numeración arábiga. Os números arábigos son os máis utilizados na numeración actual. Número atómico Física e Química Número de protóns que contén o núcleo dun átomo. O número atómico do nitróxeno é 7. Número áureo Matemáticas Valor da proporción que gardan entre si dous segmentos de recta, de tal maneira que se obteña o mesmo valor ao dividir a lonxitude total entre a do segmento maior que ao dividir a do segmento maior entre a do menor. Euclides definiu o número áureo. SINÓNIMO proporción áurea Número cardinal Matemáticas Cada un dos números que forman a serie infinita de números enteiros. 1, 2, 3 etc., son números cardinais. Número complexo Matemáticas Número formado por unidades reais e imaxinarias. Os números complexos pódense sumar e multiplicar seguindo as regras habituais da álxebra. Número composto Matemáticas Número natural que ten máis divisores ca el mesmo e a unidade. Un número composto é o produto de dous números menores ca el. Número decimal Matemáticas Número fraccionario que ten un denominador de dez ou unha potencia de dez. O 8,93 é un número decimal. Número e Matemáticas Número irracional de valor aproximado 2,718281, utilizado como base dos logaritmos neperianos. O número e pódese representar como unha fracción continua. Número enteiro Matemáticas Aquel que consta dunha ou máis unidades enteiras. Os números enteiros poden ser positivos e negativos. Número fraccionario Matemáticas Cociente en que os termos son números. 2/3 é un número fraccionario. SINÓNIMOS crebado, número quebrado, número racional, quebrado Número i Matemáticas Unidade dos números imaxinarios que ten como cadrado -. A denominación do número i débese ao matemático Euler. Número imaxinario Matemáticas Número que resulta de extraer a raíz cadrada dun número negativo. O resultado da ecuación é un número imaxinario. Número impar Matemáticas Número enteiro que, ao ser dividido por dous, non dá como resultado un cociente exacto. Tres é un número impar. Número irracional Matemáticas Aquel que non se pode expresar en forma de enteiro nin de fracción. A raíz de dous é un número irracional. Número mixto Matemáticas Número que ten unha parte enteira e outra fraccionaria. Un número mixto pódese converter nun número fraccionario. Número natural Matemáticas Número enteiro positivo. Polo momento só realiza operacións con números naturais. Número negativo Matemáticas Aquel que é menor de cero e que vai precedido do signo -. O resultado da operación é un número negativo. Número ordinal Matemáticas Aquel que expresa orde ou sucesión. Primeiro, segundo, terceiro etc., son números ordinais. Número par Matemáticas Aquel que é exactamente divisible por dous. Catro é un número par. Número perfecto Matemáticas Número que é igual á suma de todos os seus divisores, excepto el mesmo. O 6 é un exemplo de número perfecto. Número pi Matemáticas Número irracional que representa a relación constante da circunferencia dun círculo co seu diámetro e que ten como valor aproximado 3,14159. Para coñecer a lonxitude da circunferencia, multiplícase o número pi polo valor do diámetro. Número positivo Matemáticas Calquera número maior de cero. A multiplicación deu como resultado un número positivo. Número primo Matemáticas Número enteiro que só é divisible por si mesmo e pola unidade. 3, 5, 7, 11, 97 etc., son números primos. Número quebrado Matemáticas Cociente en que os termos son números. A expresión 2/4 é un número quebrado. SINÓNIMOS crebado, número fraccionario, número racional, quebrado Número racional Matemáticas Cociente en que os termos son números. Cada número racional positivo ten o seu oposto. SINÓNIMOS crebado, número fraccionario, número quebrado, quebrado Número real Matemáticas Número que é racional ou irracional. Cada punto da recta numérica é a representación dun número real. Número romano Calquera das letras utilizadas na numeración romana. Os capítulos aparecen indicados en números romanos. Número un Persoa ou cousa que ten preferencia respecto ás demais, o primeiro ou o mellor na súa categoría ou na súa especie. É o número un da lista. É o número un da clase. Números congruentes Matemáticas Números que, ao dividilos polo módulo, dan o mesmo resto. O 7 e o 19 son números congruentes módulo 3.
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: