A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
correnteadxectivo1 [Auga] que corre ou está en movemento. A auga do río é corrente.2 [Ano, mes] no que se está. O día dez do corrente mes. En xuño do corrente ano.3 Que non sobresae ou destaca por algunha característica ou calidade. Unha persoa corrente. Viño corrente. Linguaxe corrente.SINÓNIMOS común, normal, ordinarioANTÓNIMOS característico, especial, extraordinario, particular, peculiarCONFRÓNTESE mediocre4 Que se dá de modo xeral, que sucede case sempre. Un costume moi corrente entre certo tipo de xente. É corrente nel chegar tarde.SINÓNIMOS frecuente, habitualANTÓNIMO infrecuentesubstantivo feminino5Física Fluxo de masas fluídas que se desprazan. Un río é unha corrente de auga.SINÓNIMO curso Corrente de aire quente. Correntes mariñas.6Electricidade Movemento continuo e ordenado de partículas eléctricas entre dous puntos de distinto potencial. Cortar a corrente.SINÓNIMOS corrente eléctrica, electricidade, fluído, fluído eléctrico, forza, luz7 Manifestación humana dunha actividade ou idea que leva unha determinada dirección. Corrente de pensamento, de opinión. A corrente romántica literaria.SINÓNIMO movementoCONFRÓNTESE tendencia FRASES E EXPRESIÓNS CON corrente Ao corrente Actualizado, ao día. Leva os seus asuntos ao corrente. Ao corrente (de)Informado Non estou ao corrente desa noticia. Auga corrente Sistema de distribución de auga ás vivendas por medio de tubos. Hoxe estivemos sen auga corrente todo o día. Conta correnteVÉXASE conta Contra corrente 1 En sentido contrario ao da corrente. Navegaban contra corrente. 2figurado En contra do que é xeral ou comunmente admitido. Ir contra corrente. Corrente alternaElectricidade Corrente eléctrica que cambia o seu sentido de circulación de forma periódica. A corrente alterna ten moitos usos pola súa facilidade de transformación. Corrente continuaElectricidade Corrente eléctrica na que o movemento das partículas se produce sempre na mesma dirección e sentido entre dous puntos sometidos a unha diferenza de potencial. A corrente continua utilízase en moitos aparellos de pequena voltaxe alimentados con batería. Corrente eléctricaElectricidade Corrente (acepción 6). Non podes facer as papas co batedor porque non hai corrente eléctrica. Levar a corrente (a alguén)coloquial Amosarse de acordo cunha persoa, aínda cando se pense que non ten razón. Sempre lle leva a corrente ao avó para que non se desguste.SINÓNIMO seguir a corrente Seguir a corrente (a alguén)coloquial Levar a corrente. Síguelle a corrente e despois fai o que che pareza. Toma de correnteVÉXASE toma1
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo:
O dicionario na túa web
Integra o dicionario da RAG na túa web premendo aquí.