Formación

Teses de doutoramento

Groba Bouza, Fernando. O léxico da hipoloxía no galego oral. Defendida o 18-12-2020 na Universidade de Vigo, dirixida por Alexandre Rodríguez Guerra. Apto cum laude.

Rodríguez Rodríguez, Reyes. Contribución á sociodialectoloxía galega: a fala da Limia Baixa. Defendida o 22-07-2022 na Universidade de Vigo, dirixida por Alexandre Rodríguez Guerra. Apto cum laude.

Crespo Pérez, Inés. A denominación das enfermidades dos animais domésticos en lingua galega. Universidade da Coruña, en preparación, dirixida por María Dolores Sánchez Palomino. Enmárcase no proxecto DHELG.

Fernández Berrocal, Ana. Novas palabras en galego e formantes neolóxicos: estudo lingüístico e aplicación ao ámbito da saúde mental. Universidade de Vigo, en preparación, dirixida por Alexandre Rodríguez Guerra.

Fresco Barbeito, Víctor. Estudo sobre a historia do léxico galego a partir da lexicografía monolingüe con etimoloxía. Universidade de Vigo, en preparación, dirixida por Alexandre Rodríguez Guerra.

Marques da Silva, Cilano. A presenza de castelanismos na tradición lexicográfica galega. Universidade da Coruña, en preparación, dirixida por María Dolores Sánchez Palomino. Enmárcase no proxecto DHELG.

Traballos de Fin de Mestrado

Marques da Silva, Cilano (2023). A influencia sueva no léxico galego. Traballo de Fin de Máster do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada (Universidade da Coruña / Universidade de Vigo / Universidade de Santiago de Compostela), realizado baixo a dirección de María Dolores Sánchez Palomino. Defendido na Universidade da Coruña, xullo 2023. Cualificación: 9,5.

Bolsas e estadías de formación

Romina Belén Pereira Trillo. Bolseira de Colaboración no Departamento de Letras, Área de Filoloxía Románica, 1-02-2022 ao 31-05-2022. Realizou traballos de recompilación e localización de bibliografía crítica en materia de lexicoloxía e lexicografía galegas. Titora: María Dolores Sánchez Palomino.

Inés Crespo Pérez. Prácticas do Máster Interuniversitario de Lingüística Aplicada na Real Academia Galega, do 25-04-2023 ao 6-6-2023, 140 horas + 10 horas de elaboración da Memoria de Prácticas. Realizou un traballo de pesquisa etimolóxica relacionado co DHELG. Titora profesional: María Dolores Sánchez Palomino.

Inés Crespo Pérez. Estadía de tres meses de duración (marzo-maio 2024) na Universidade de Aveiro (co prof. João Paulo Silvestre), obtida na convocatoria de Axudas para estadías predoutorais Inditex-UDC 2023, con vistas á conseguir a Mención Internacional na tese de doutoramento, que se integra no proxecto DHELG e dirixe María Dolores Sánchez Palomino.

Inés Crespo Pérez. Bolsa para a participación no XIV Congreso Internacional de Estudos Galegos (Universidade do Minho, Braga e Guimarães, 17-19 de abril de 2024), outorgada pola organización do congreso.

Cilano Marques da Silva. Bolsa para a participación no XIV Congreso Internacional de Estudos Galegos (Universidade do Minho, Braga e Guimarães, 17-19 de abril de 2024), outorgada pola organización do congreso.

Cilano Marques da Silva. Estadía de tres meses de duración (abril-xuño 2024) na Universidade do Minho (co prof. Álvaro Iriarte), obtida na convocatoria de Axudas para esadías predoutorais Inditex-UDC 2023, con vistas a conseguir a Mención Internacional na tese de doutoramento, que se integra no proxecto DHELG e dirixe María Dolores Sánchez Palomino.

Co apoio de