Ano Castelao

Arquivo

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

En 1961 a Academia editou Humorismo, dibuxo humorísteco, caricatura, conferencia datada en marzo de 1920, que proferiu co gallo da exposición Nós, celebrada no Círculo de Artesáns da Coruña. Parte desta conferencia publicouse no periódico A Nosa Terra, sen os debuxos que ilustran o texto. O limiar da edición da Academia indica que o manuscrito orixinal se conservou no Arquivo da Academia “por doazón xenerosa do ilustre e sempre lembrado académico de número don Ramón Villar Ponte”. A Academia garda copias fotográficas dese manuscrito.

Proposta de Castelao como académico de número da RAG, asinada por Marcelo Macías, Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo. Asinada en Ourense, o 12 de febreiro de 1930. Leva adxunta unha lista de méritos.

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Carta de Castelao a Ramón Martínez López:

Inferno de Badaxoz, 13-II-1935
Sr. Dn. Ramón Martínez López
Meu querido irmán: Estaba de Deus que non chegaría o luns a Badaxoz. Por fiarme d’un pescador de cana (digo que era tal porque levaba una cana de pescar e fumaba c’unha boquilla de perna de polo xa queimada de tanto servir) baixeime n’unha estación e perdín o tren. Eu tiña de trocar de comboio en Torre e pregueille ô pescador de cana que me avisase. O pescador (mala centella o coma) avisoume, e por deixar sair a unhas señoras primeiro, cando estaba no andén arrancou o tren... Aquela estación non era Torre senón Ponte do Sur e tiven que ficar alí deica as tres e meia da mañán. Metínme n’un fonducho, ceei ben e deiteime c’unha maldizón nos beizos. Estou seguro que aquel pescador de cana non pescará unha troita en tod’a súa vida.
¿Sabes unha cousa? Pasáronme as frieiras das mans co-a meiciña que me dou a nai de Teixeira.
 miña chegada atopei moitas cartas e tres telegramas. Os republicans galegos xuntáronse a cear con motivo do aniversario da Primeira República en varias cibdades galegas e acordáronse de min e puxéronme telegramas moi garimosos.
O Casares estivo en Pontevedra; pero según me din non deixou ôs amigos contentos. ¿A que iría? Estou co-a area na zoca.
Escuso decirche que dispois de volver de Lisboa esto pareceume máis cortello que antes.
Ando preocupado porque un dos moitos cans que vagamundean por esta cibdades colleume tal cariño que anda sempre detrás de min. Cando saio par-a oficiña xa está il agardando por min na porta e acompáñame... Foi que un día dinlle unha pedra de zucre e xa non poderei desprenderme d’el ate que un día fuxa de Badaxoz. A min dame vergonza porque o can é unha calamidade. Ten a coor d’un oso dos húngaros e os ollos póñenselle tristes para namorarme. Estou preocupado con este animaliño.
Faille presente a Isabel as miñas lembranzas moi garimosas e para ti velahi che van os abrazos do teu bo e vello amigo e irmán
Castelao
Lembranzas a todol-os amigos —

Carta de Castelao a Xavier Bóveda, Fondo Xavier Bóveda:

Mi querido y buen amigo Xavier:
Hace muchos días —demasiados días— recibí tu magnífico libro de versos. Quise leerlos para escribirte. Como mi mala vista me obliga a contentarme con acariciar los libros aunque rabie por leerlos, y siempre ando atareado, llevé a Rosario tu libro y alli lo leí de punta a punta, Me ha gustado mucho y creo que con ese solo libro bastaría para que no murieses. Te felicito de todo corazón y te agradezco mucho el obsequio de tu dedicatoria.
Hace tiempo que no nos vemos. ¿Qué es de tu vida? La mia mía se va gastando en trabajos sin interás y en sueños que a lo mejor quedan incumplidos.
Te abraza tu buen amigo.
Castelao.
Buenos Aires, 22 de octubre de 1942

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

“Verbas ditas pol-o diputado galego Alfonso R. Castelao no grandeiro e histórico acto reaizado pol-os republicáns hespañoes no Stadium Centenario de Montevideo, o dia 18 d-Abril do 1943. Asistiron: 50.000 persoas.”

Mitin conmemorativo do 12 aniversario da República española, celebrado en Montevideo. Cada orador dispuxo de dez minutos. Castelao participou en representación de Galicia, defendendo a República federal.

“Profecía em louvor de Castelao” de A. Garibáldi (ca. 1950)

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Homenaxe a Castelao. Un molliño de textos pra cavilarmos no alborecer do 75. Díptico cun debuxo de Maside e textos de Uxío Novoneyra e Rosalía de Castro entre outros. Ourense, 1974.

Homaxe de Galicia a Castelao en Rianxo, da Comisión prohomenaxe a Castelao, celebrada o 27 de setembro de 1975, co gallo do seu vinte e cinco cabodano. Entre as actividades organizadas destaca o descubrimento dun busto obra de Xosé Escudeiro Couceiro e doado polo Padroado da Cultura Galega en Montevideo, pola súa irmá Teresa Castelao. No díptico inclúese unha autocaricatura do rianxeiro, ademais da listaxe dos membros da Comisión e un fragmento do himno galego.

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Díptico da mostra O teatro galego hoxe, pertencente ao ciclo homenaxe a Castelao organizado pola Agrupación Cultural O Facho en colaboración co grupo Teatro Circo. As xornadas celebráronse na Coruña do 7 ao 28 de febreiro de 1975, con actividades como conferencias e representacións teatrais, nas que interviñeron diversos persoeiros da cultura galega. Inclúe a caricatura de Castelao por Maside, e as carautas de Castelao extraídas de Cousas.

Díptico da Mostra de cómic galego na Cruña. Homenaxe a Castelao, enmarcada na xeira de actividades que a Agrupación Cultural O Facho artellou para conmemorar o vinte e cinco cabodano do galeguista, en febreiro de 1975. O programa inclúe a caricatura de Castelao obra de Carlos Maside. Destaca tamén a mención á tradución de Astérix e Obélix feita por Eduardo Blanco Amor, dous anos antes da súa publicación pola editorial Galaxia.

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

"A incorporación de Castelao a renaciencia galega" por Valentín Paz Andrade (setembro de 1981). Artigo inédito destinado ao Boletín da Real Academia Galega que afonda no encaixe de Castelao no rexurdimento da lingua galega. Despois de analizar a influencia dos precursores na obra de Castelao, o autor destaca que o galeguismo activo que impregnou toda a obra artística e as accións persoais e públicas do xenial debuxante rianxeiro foi unha actitude vital; en palabras do propio Valentín : “Foi a chave do seu ser, dende que coma tal, tomou feitura.”