Arquivo

Os Caneiros

Dende que se recorda en Betanzos celebrábase despois de San Roque -o patrón da vila- unha comida campestre no campo das Cascas que se chamaba romaría de San Roque pequeno, na que se aproveitaba para comer o que sobrara do día grande das festas. En 1866, con motivo da construción dunha nova estrada, a romaría trasladouse aos campos de Mempás ou dos Caneiros, que se atopan nun meandro situado uns tres quilómetros río arriba. 

O nome dos caneiros seguramente é tomado das presa nun río para conducir que se chaman así e posiblemente existisen no río preto dese campo. Para esta festa adórnanse as embarcacións con follas de palmeiras e flores e nas cubertas colócanse mesas e bancos que permitan xantar con comodidade.

O Arquivo da Real Academia Galega conserva unha das fotos históricas da popular celebración, tomada arredor do ano 1910. A imaxe pode descargarse en copia dixital no Arquivo Dixital de Galicia.

Imaxe da romaría dos Caneiros tomada cara a 1910. Fonte. Arquivo da Real Academia Galega