A fábrica de papel de Fontán

Imaxe do logo da fábrica de papel de Fontán
Imaxe de marca da fábrica de papel de Fontán


A "Fábrica de Papel del Castro de Lousame" fundouse o 24 de setembro de 1810 no lugar de Castro, concello de Lousame, en Noia. En 1828 un dos seus accionistas, Rosendo Fontán Oliveiras, cedeu as súas accións a Sebastián Rodríguez Blanco, quen llelas deixa pouco despois aos seus sobriños, Andrés e o ilustre matemático Domingo Fontán Rodríguez, aínda que reservando para el, en usufruto, a metade dos beneficios, os cales reciben en herdanza Andrés e Domingo tras a súa morte, en marzo de 1843, e que van facer posible que estes adquiran, case na súa totalidade, a parte da fábrica que aínda estaba en mans do resto dos socios.

Finalmente, en 1857, logran facerse con todas as accións.

Mais a fábrica de Fontán non era a única da zona. Arredor dos ríos Vilacoba e San Xusto chegou a haber ata cinco fábricas de papel, o que creou unha forte competencia, motivo polo que a de Fontán sufriría un embargo. Este foi provocado por Peregrino Riba, que como propietario doutra fábrica de papel, situada cerca, no lugar de Brandía, intentaba impedir a chegada ao mercado dunha nova industria competidora.

Abandonada arredor de 1920, a fábrica de Fontán foi en tempos unha edificación de planta rectangular con tellado a dúas augas e un gran número de ventás, necesarias estas para a ventilación e o secado do papel. Unha canle de pedra recollía a auga do río para conducila ata ela.

O século XIX foi testemuña da morte da industria rural galega, non sempre capaz de adaptarse á modernidade, e, como consecuencia, abocada ao esmorecemento.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 19 de xaneiro de 2018 / 19:30 h
Celebración dos 40 anos da revista 'Encrucillada'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar