Ribadeo nomea a Luz Pozo Garza filla predilecta

20/01/20 |
O concello onde naceu e viviu os primeiros sete anos da súa vida rendeulle homenaxe nun acto público celebrado no salón de plenos. "Ribadeo medra comigo, vive comigo e morre comigo", agradeceu a académica

O Colexio Fingoi acolle a presentación dunha exposición sobre os quince anos de Carballo Calero en Lugo

16/01/20 |
A mostra, elaborada polo Colectivo Egeria, conta coa colaboración da RAG, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e do centro educativo do que o protagonista do Día das Letras Galegas foi director. Complétase cunha web sobre os 15 anos do autor na cidade

A RAG anima a mocidade a empregar o galego en todos os contextos e demanda políticas de socialización facilitadoras

14/01/20 |
O presidente Víctor F. Freixanes participou na apertura dunha nova edición do programa inmersión para adolescentes 21 Días co galego, que chega desta volta a dez centros educativos

O Ano Ricardo Carballo Calero bota a andar

13/01/20 |
A comisión executiva recibiu na RAG a visita de Victoria Carballo Calero, con quen perfilou o calendario de celebracións arredor do Día das Letras Galegas dedicado ao seu pai

Conferencia de Francisco Fernández Rei sobre a fala de Cambados

3/01/20 |
O académico ofreceu unha intervención divulgativa no pazo de Fefiñáns sobre as peculiaridades do galego do seu concello natal e a ría da Arousa, onde reivindicou a riqueza das súas formas dialectais

A Real Academia Galega lamenta o pasamento de Andrés Fernández-Albalat Lois

30/12/19 |
O arquitecto, membro de número da institución dende 1999, faleceu onte na Coruña aos 95 anos de idade. Foi un referente da arquitectura galega contemporánea e deixou tamén pegada como urbanista co proxecto A Cidade das Rías

O Ano Antonio Fraguas remata

30/12/19 |
A clausura da exposición do Museo do Pobo Galego sobre a súa vida e o seu legado pechou o calendario de celebracións arredor da vida e do legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2019

'Sentidiño' é a Palabra do Ano 2019

27/12/19 |
O termo que se impuxo aos outros cinco finalistas na votación popular promovida polo Portal das Palabras é moito máis ca un diminutivo e constitúe un xeito propio da lingua galega de designar o sentido común

O Pleno da Real Academia Galega nomea a María Rosa Lojo membro de honra

21/12/19 |
A obra da autora, unha das escritoras arxentinas de maior proxección internacional, bebe do imaxinario e da cultura galegas tanto no eido investigador coma no creativo

A nova plataforma Galicia Nomeada abre a recolleita de microtopónimos á colaboración cidadá

20/12/19 |
A aplicación permite aos usuarios rexistrar microtopónimos, xeorreferencialos e acompañalos de arquivos textuais e audiovisuais con descricións ou lendas asociadas. A plataforma chega acompañada dunha nova versión do portal Toponimia de Galicia con contidos divulgativos elaborados pola RAG
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete