Xosé Neira Vilas contesta o Cuestionario Filgueira Valverde

Xosé Neira Vilas (Gres, Pontevedra-1928) é membro numerario da Academia, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana e autor dunha das novelas máis populares da nosa literatura, Memorias dun neno labrego (1961).
Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas

Que importancia tivo a figura e a obra de Filgueira Valverde na vida cultural galega nos dous segundos terzos do século XX?
Tivo unha importancia capital. Abordou con criterio científico os máis diversos eidos da nosa cultura, percorreu camiños non antes andados, poñendo ó servizo de Galicia o seu saber e o seu esforzo. Sen entrar en valoracións especiais, sen entrar a inventariar a súa obra múltiple, podemos afirmar que o seu aporte á nosa cultura foi excepcional. Deixou probas abondo do seu saber e da súa enorme capacidade de traballo.

Cales foron as súas achegas máis importantes ás letras galegas estudos históricos e artísticos en Galicia?
Estimo que sobre todo salientan os seus traballos sobre a nosa literatura medieval; os estudos sobre personalidades e aconteceres da nosa historia en xeral e os seus textos e creación literaria, incluíndo os que van dirixidos ós nenos.

Que vixencia conserva a súa obra hoxe en día?
Conserva unha vixencia total.

Que pegada deixou a súa obra nos estudos e nos pensadores e ensaístas galegos contemporáneos?
Deixounos os métodos de investigación que utilizou. Deixounos camiños abertos para que as novas xeracións poidan continuar. Deixounos referencias valiosas sobre temas que ata el non foran apenas tratados. Deixounos luces e rumbos. Moitos deses rumbos están nos seus Adrais, esa serie en máis de dez volumes publicada por Ediciós do Castro que sempre teremos que volver a eles os que amamos a Galicia e queremos afondar nas súas esencias e no seu pasado histórico.

Nesta ligazón podes acceder á páxina de Xosé Neira Vilas no noso portal.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 22 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo / Carvalho Calero
Creación literaria
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo
Carvalho Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete