Xavier Rodríguez Barrio sobre Díaz Castro

O poeta, narrador e ensaísta Xavier Rodríguez Barrio (Lugo, 1956), é autor dunha extensa obra espallada ao longo de máis dunha ducia de títulos que foron merecentes de numerosos premios, traducións e do recoñecemento da crítica.
Xavier Rodríguez Barrio
Xavier Rodríguez Barrio

Xosé Mª Díaz Castro: o poeta ferido pola beleza e a luz.
Nimbos, o seu único poemario publicado en vida, é de tal transcendencia pola súa escrita profunda, sentida e humana que o fai singularmente esencial na historia da nosa literatura. Son trinta e dous poemas nos que canta, con mística e lírica voz, á beleza, ao resplandor das cousas e dos seres máis humildes, desde unha percepción universalista, sempre ferida, dun mundo inmenso que el acugula no seu corazón desbordado na Galicia vivificadora que sempre defendeu.

O estilo modélico e orixinal da súa obra está ben reflictido en como a orixinalísima forza creadora dos trinta e dous poemas de Nimbos, estámolo comprobando neste ano 2014, devén en pegada infinda e perdurable, pasados xa, máis de cincuenta anos dende a súa publicación. Aí radica, na miña opinión, a vixencia plena da escrita de Díaz Castro na literatura poética galega.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete