'Penélope' de Díaz Castro

Neste célebre poema tirado do seu libro Nimbos, Xosé María Díaz Castro debuxa, con ollar pesimista, o devir histórico do seu país natal.
Detalle da capa do libro Nimbos
Detalle da portada do libro Nimbos (Galaxia, 1961)


PENÉLOPE
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza
aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól como unha uva.
Pro ti envóveste en sabas de mil anos
i en sonos volves escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


Unha versión deste poema musicada por Mini e Mero pódese escoitar aquí.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete